Xestionar contido de vídeo
Para obter información da película de xeito manual
1
Asegúrese de que o seu dispositivo ten a conexión de datos activada.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse Movies.
3
Pulse Todo na ficha A miña colección para examinar a miniatura dun ficheiro do
que desexa obter información.
4
Toque e manteña a miniatura do vídeo, despois pulse Buscar información.
5
Se se lle solicita, permita que o dispositivo descargue detalles do vídeo usando a
conexión de datos móbiles.
6
No campo de busca, introduza as palabras clave para o vídeo, despois pulse a
tecla de confirmación no teclado. Todas as coincidencias se amosan nunha lista.
7
Seleccione un resultado da busca, despois pulse Feito. Comeza a descarga da
información.
Tamén pode obter información sobre os vídeos engadidos recentemente de xeito automático
cando a aplicación Movies estea aberta se marca a caixa de verificación Conseguir detalles
de vídeo na opción Axustes. Poden aplicarse custos na transmisión de datos.
Se a información descargada non é correcta, procure de novo usando diferentes palabras
clave.
Para borrar información sobre un vídeo
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse Movies.
2
Pulse Todo na ficha A miña colección para examinar o vídeo que desexa editar.
3
Toque e manteña a miniatura de vídeo, despois pulse Borrar información.
Para eliminar un vídeo
1
Desde a pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse Movies.
2
Pulse Todo na ficha A miña colección para examinar o vídeo que desexa
eliminar.
3
Toque e manteña o vídeo que desexe, despois pulse Eliminar na lista que
aparece.
4
Pulse Eliminar de novo para confirmar.