Transferir contido de vídeo ao dispositivo
Antes de comezar a usar a aplicación Movies, é unha boa idea transferir películas,
programas de televisión e outros contidos de vídeo ao seu dispositivo desde outros
dispositivos, como un ordenador. Hai varios xeitos de transferir o seu contido:
•
Conecte o dispositivo a un ordenador cun cable USB e arrastre e solte os ficheiros de
vídeo directamente usando a aplicación de xestor de ficheiros no ordenador. Consulte
Conectar o dispositivo a un ordenador na páxina 101.
•
Se ten un ordenador, use a aplicación Media Go™ de Sony™ para organizar contido e
transferir ficheiros de vídeo ao seu dispositivo a través do ordenador.
•
Se o seu ordenador é un Apple® Mac®, pode usar Sony™ Bridge for Mac para
transferir ficheiros de vídeo desde iTunes ao seu dispositivo.
88
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.