Sony Xperia L - Tecnoloxía TrackID

background image

Tecnoloxía TrackID

Identificar música utilizando a tecnoloxía TrackID

Use o servizo de recoñecemento de música TrackID™ para identificar unha pista de

música cando a escoite ao redor seu. Simplemente grave unha breve mostra da canción

e nuns segundos obterá información do intérprete, o título e o álbum. Pode mercar as

pistas identificadas por TrackID™ e pode ver os éxitos de TrackID para comprobar que

é o que procuran os usuarios de TrackID de todo o mundo. Para obter os mellores

resultados, utilice a tecnoloxía TrackID™ nunha zona silenciosa.

Non todas as redes ou fornecedores de servizos de todas as áreas admiten a aplicación

TrackID™ e o servizo TrackID™, nin se admiten en todos os países nin en todas as rexións.

Para abrir a aplicación TrackID™

1

Desde a súa Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse TrackID™.

Tamén pode usar o widget TrackID™ para abrir a aplicación TrackID™.

Para identificar música usando a tecnoloxía TrackID™

1

Desde a súa Pantalla de inicio, pulse

2

Localice e pulse TrackID™ e logo suxeite o dispositivo cara á fonte de música.

3

Pulse . Se o servizo TrackID™ recoñece a pista, os resultados aparecen na

pantalla.

Para volver á pantalla de inicio de TrackID™, prema

.

Para ver éxitos de TrackID™

Abra a aplicación TrackID™ e pulse Listas éxitos. Aparece un éxito da súa

propia rexión.

Usar resultados da tecnoloxía TrackID™

A información de pista aparece cando a aplicación TrackID™ recoñece unha pista. Pode

seleccionar se desexa mercar a pista ou compartila mediante o correo electrónico, un

SMS ou un servizo de redes sociais. Tamén pode obter máis información sobre o

intérprete da pista.

Para mercar unha pista que recoñeceu a aplicación TrackID™

1

Despois de que a aplicación TrackID™ recoñeza unha pista, pulse Descargar.

2

Siga as instrucións no seu dispositivo para completar a súa compra.

Tamén pode seleccionar unha pista para mercala abrindo os separadores Historial ou Listas

éxitos na pantalla de inicio de TrackID™.

Para compartir unha pista

1

Despois de que a aplicación TrackID™ recoñeza unha pista, pulse Compartir e

seleccione un método para compartir.

2

Siga as instrucións no seu dispositivo para completar o procedemento.

Para ver información do intérprete dunha pista

Despois de que a aplicación TrackID™ recoñeza unha pista, pulse Inf.

intérprete.

64

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para eliminar unha pista do historial de pistas

1

Abra a aplicación TrackID™ e pulse Historial.

2

Pulse o título dunha pista e despois pulse Eliminar.

3

Pulse Si para confirmar.