Que é Android™?
O seu smartphone Xperia de Sony emprega a plataforma Android. Os teléfonos Android
poden levar a cabo moitas das mesmas funcións ca un ordenador e vostede pode
personalizalos segundo as súas necesidades. Por exemplo, pode engadir e eliminar
aplicacións, ou modificalas para mellorar a súa funcionalidade. En Google Play™ pode
descargar unha ampla gama de aplicacións e xogos dunha colección en constante
crecemento. Tamén pode integrar as aplicacións do seu teléfono Android™ con outras
aplicacións e cos servizos en liña que utilice. Por exemplo, pode efectuar unha copia de
seguridade dos contactos do seu teléfono, acceder ás súas diferentes contas de correo
e calendarios desde un mesmo lugar, realizar o seguimento das súas citas e participar
nas redes sociais.
Os teléfonos Android™ evolucionan constantemente. Cando está dispoñible unha nova
versión do software e o seu teléfono o soporta, pode actualizar o seu teléfono para obter
novas características e as últimas melloras.
O seu teléfono Android™ ten precargados servizos Google™. Para sacar o máximo partido
dos servizos Google™ proporcionados, debe ter unha conta de Google™ e iniciar a sesión
nela cando inicie o seu teléfono por primeira vez. Tamén é necesario dispoñer de acceso á
Internet para usar moitas das características de Android™.
É posible que as novas publicacións de software non sexan compatibles con todos os
teléfonos.