Sony Xperia L - Contas e servizos

background image

Contas e servizos

Inicie a sesión nas dúas contas de servizos en liña desde o seu dispositivo para acceder

de xeito sinxelo estea onde estea. Por exemplo, pode integrar os contactos da súa

conta de Google™ na axenda para ter todo nun mesmo lugar. Pode rexistrarse en

novos servizos en liña desde o seu dispositivo do mesmo xeito que desde o ordenador.

Conta de Google™

Ter unha conta de Google™ é imprescindible para usar diferentes aplicacións e servizos

no seu dispositivo Android™. Cómpre ter unha conta de Google™, por exemplo, para

usar a aplicación Gmail™ no seu dispositivo, para conversar cos seus amigos usando

Hangouts™, para sincronizar a aplicación de calendario do dispositivo co seu Google

Calendar™. Tamén necesita unha conta de Google™ para descargar aplicacións e

xogos, música, películas e libros desde Google Play™.

Conta Exchange ActiveSync

®

de Microsoft

®

Sincronice o seu dispositivo coa súa conta corporativa Exchange ActiveSync

®

de

Microsoft

®

. Deste xeito, leva sempre consigo o correo electrónico, os contactos e os

eventos do calendario do seu traballo.

10

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Conta Facebook™

Facebook™ é un servizo de rede social que lle conecta con amigos, familia e colegas de

todo o mundo. Configure Facebook para que funcione no seu dispositivo e así poder

seguir en contacto desde calquera lugar.

11

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.