Bloqueo de pantalla
Cando o seu dispositivo está acendido e permanece inactivo durante un período de
tempo establecido, a pantalla escurécese para aforrar batería e bloquéase de xeito
automático. O bloqueo de pantalla evita accións non desexadas na pantalla táctil cando
non está a usala.
Para activar a pantalla
•
Prema brevemente a tecla de acendido .
Para desbloquear a pantalla
•
Coloque un dedo na pantalla e páseo cara arriba ou cara abaixo.
Hai varios xeitos de desbloquear a pantalla. Para obter máis información, consulte Axustar un
bloqueo de pantalla na páxina 119.
Para bloquear a pantalla de xeito manual
•
Cando a pantalla estea activa, prema lixeiramente a tecla de acendido .