Sony Xperia L - Uso do GPS

background image

Uso do GPS

O seu dispositivo dispón dun receptor GPS (sistema de posicionamento global) que usa

sinais por satélite para calcular a súa localización. O seu dispositivo tamén é compatible

con GLONASS (sistema de satélites de navegación global). Ámbolos dous sistemas

poden complementarse e substituírse mutuamente, se é preciso, para asegurar a

precisión de posicionamento e dunha experiencia de navegación perfecta. Cando activa

o GPS, o sistema GLONASS tamén actívase automaticamente.

Cando usa características que precisan que o receptor GPS e GLONASS detecte a súa

localización, asegúrese de estar nun lugar sen obstáculos que tapen o ceo.

Para activar o GPS

1

Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .

2

Pulse Servizos de localización.

3

Arrastre o control desprazable a carón de Acceder á miña localización á dereita.

4

Pulse Aceptar para confirmar.

Cando activa o GPS, o sistema GLONASS actívase automaticamente.

Obter o maior rendemento

A primeira vez que utilice o GPS, pode tardar entre 5 e 10 minutos en atopar a súa

localización. Para axudar na procura, asegúrese de ter unha visión clara do ceo.

Permaneza quieto e non cubra a antena GPS (a zona marcada na imaxe). O sinal do

GPS pode atravesar nubes e plástico, pero non pode pasar a través da maioría de

109

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

obxectos sólidos, como edificios ou montañas. Se a súa localización non se atopa

despois duns minutos, móvase a outra localización.