Google Maps™
Use Google Maps™ para localizar a súa posición actual, ver a situación do tráfico en
tempo real e recibir instrucións detalladas para chegar ao seu destino. Antes de facer
unha viaxe, pode descargar e gardar mapas na súa tarxeta de memoria para evitar os
altos custos na itinerancia.
A aplicación Google Maps™ require o uso dunha conexión á Internet. A conexión á Internet
desde o seu dispositivo pode implicar custos pola transmisión de datos. Contacte co seu
operador de rede para obter máis información. É posible que a aplicación Google Maps™ non
estea dispoñible en todos os mercados, países ou rexións.
Para usar Google Maps™
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Mapas.
Se desexa usar Google Maps™, active polo menos un dos xeitos de localización dispoñibles
en Configuración > Servizos de localización.
Para obter máis información sobre Google Maps™
•
Cando use Google Maps™, prema e logo pulse Axuda.
Visualización das localizacións dos seus amigos con Google
Latitude™
Únase a Google Latitude™ para ver as localizacións dos seus amigos nos mapas e
compartir a súa propia localización e outra información con eles.