Sony Xperia L - Fontes e servizos de localización

background image

Fontes e servizos de localización

Use o dispositivo para descubrir onde está. Dispón de dous métodos ou fontes: satélites

GPS e redes sen fíos. Active a opción de redes sen fíos (Wi-Fi e redes móbiles) se só

precisa dunha localización aproximada e se a precisa rápido. Se desexa obter unha

posición máis exacta e ten unha visión clara do ceo, active a opción de satélites GPS.

En situacións nas que a conexión da rede sen fíos é débil, debe activar ambas opcións

para asegurarse de que se atopa a súa localización. Ambas opcións actívanse de xeito

predeterminado ao activar os servizos de localización.

Sony non garante a precisión de ningún servizo de localización incluíndo, entre outros, os

servizos de navegación.

Para activar os servizos de localización

1

Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .

2

Pulse Servizos de localización.

3

Arrastre o control desprazable a carón de Acceder á miña localización á dereita.

4

Pulse Aceptar dúas veces para confirmar.

Cando activa os servizos de localización, Satélites GPS e Servizo de localización de Google

(Wi-Fi e redes móbiles) actívanse de xeito predeterminado. Pode desactivar calquera opción

manualmente.

Para permitir que as aplicacións de Google accedan á súa localización

1

Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .

2

Pulse Google > Configuración de localización.

3

Arrastre o control desprazable a carón de Permitir a Google acceso á localiz. á

dereita.

Cómpre que inicie sesión na súa conta de Google™ para poder usar os servizos de

localización.