Sony Xperia L - Información legal

background image

Información legal

Sony C2105/C2104/

Esta guía do usuario está publicada por Sony Mobile Communications AB ou a súa empresa local asociada, e non

ofrece ningún tipo de garantía. Sony Mobile Communications AB pode levar a cabo melloras e cambios nesta guía

do usuario en calquera momento e sen previo aviso debido a erros tipográficos, inexactitudes na información

presentada ou melloras nos programas e/ou equipos. Non obstante, os cambios serán incorporados en novas

edicións desta guía do usuario.
©Sony Mobile Communications AB, 2013.
Todos os dereitos reservados.
O seu dispositivo móbil ten a capacidade de descargar, almacenar e reenviar contido adicional como, por

exemplo, tons de chamada. O uso dese contido pode estar restrinxido ou prohibido por dereitos de terceiras

partes, incluída, pero sen limitarse a ela, a restrición de acordo coas leis de dereitos de autor aplicables. Vostede, e

non Sony, será o responsable dos contidos adicionais descargados ou reenviados dende o seu dispositivo móbil.

Antes de utilizar calquera contido adicional, verifique que o uso que ten previsto efectuar está autorizado ou que

dispón de licenza para este. Sony non garante a precisión, integridade ou calidade dos contidos adicionais ou de

terceiras partes. Sony non se fará responsable baixo ningunha circunstancia do uso non axeitado de contido

adicional ou de terceiras partes.
Esta guía do usuario pode facer referencia a aplicacións ou servizos fornecidos por terceiras partes. O uso destes

programas ou servizos pode requirir un rexistro independente co provedor que constitúe a terceira parte e pode

estar regulado por termos de uso adicionais. Con relación ás aplicacións ás que se accede directamente nunha

páxina web de terceiros ou por medio dela, consulte previamente os termos de uso e a política de privacidade do

sitio web en cuestión. Sony non garante a dispoñibilidade nin o funcionamento de ningún sitio web de terceiras

partes nin dos servizos fornecidos.
Extraia a batería para ver información normativa como a marca CE.
Todos os nomes de produtos e empresas aquí mencionados son marcas comerciais ou marcas comerciais

rexistradas dos seus respectivos propietarios. Os dereitos non concedidos de xeito expreso neste manual están

reservados. O resto de marcas comerciais pertencen aos seus respectivos propietarios.
Visite www.sonymobile.com para obter máis información.
As ilustracións que figuran no manual só serven para ilustrar o modelo e pode que non describan con precisión o

aspecto real do mesmo.
Este produto está protexido por determinados dereitos de propiedade intelectual de Microsoft. Queda prohibido o

uso ou distribución da mencionada tecnoloxía fóra deste produto sen licenza previa por parte de Microsoft.
Os propietarios do contido utilizan a tecnoloxía de xestión de dereitos dixitais de Windows Media (WMDRM) para

protexer a súa propiedade intelectual, incluídos os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza software WMDRM para

acceder a contido protexido mediante WMDRM. Se o software WMDRM non logra protexer o contido, os

propietarios do contido poden pedirlle a Microsoft que revogue a capacidade do software para utilizar WMDRM

para reproducir ou copiar contido protexido. A revogación non afecta a contido non protexido. Cando descarga

licenzas de contido protexido, acepta que Microsoft pode incluír unha lista de revogacións coas licenzas. É posible

que os propietarios do contido requiran que actualice o WMDRM para acceder ao seu contido. Se rexeita unha

actualización, non poderá acceder ao contido que require a actualización.
Este produto autorízase baixo as licenzas da carteira de patentes MPEG-4 visual e AVC para uso persoal e non

comercial dun consumidor para (i) codificar vídeo de acordo co estándar visual MPEG-4 ("vídeo MPEG-4") ou o

estándar AVC ("vídeo AVC") ou (ii) descodificar vídeo de formato MPEG- 4 ou AVC codificado por un consumidor

nunha actividade persoal e non comercial ou que se obtivo dun fornecedor de vídeos con licenza de MPEG LA

para fornecer vídeo MPEG-4 ou AVC. Non se concede ningunha licenza nin debe interpretarse implícita para

calquera outro uso. Pódese obter información adicional, incluíndo a relacionada con usos publicitarios, internos,

comerciais e de licenza, de MPEG LA, L.L.C. Consulte http://www.mpegla.com. Tecnoloxía para descodificar son

MPEG Layer-3 con licenza de Fraunhofer IIS e Thomson.

126

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.