Instalar aplicacións que non son de Google Play™
A instalación de aplicacións de orixe descoñecida ou pouco fiable pode danar o seu
dispositivo. O dispositivo está establecido de xeito predeterminado para bloquear
devanditas aplicacións. Non obstante, pode cambiar este axuste para permitir
instalacións desde orixes descoñecidas.
Sony non garante o funcionamento de aplicacións procedentes de terceiras partes nin do
contido transferido ao seu dispositivo mediante descarga ou outra interface. Así mesmo, Sony
non se fai responsable dos danos nin dunha diminución no rendemento do dispositivo
atribuíbles á transferencia de contidos de terceiras partes. Utilice unicamente contido de
fontes fiables. Se ten calquera dúbida ou pregunta, póñase en contacto co fornecedor do
contido.
Para permitir a instalación de aplicacións que non pertencen a Google Play™
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Configuración > Seguridade.
3
Marque a caixa de verificación Fontes descoñecidas.
4
Pulse Aceptar.
38
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.