Personalizar o seu dispositivo
Pode axustar varias partes da configuración no dispositivo para que se adapte ás súas
necesidades. Por exemplo, pode cambiar o idioma, engadir un ton de chamada persoal,
ou cambiar o brillo da pantalla.
29
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Axustar o volume
Pode axustar o volume do ton de chamada para as chamadas entrantes e as
notificacións, así como para a reprodución de música e vídeo.
Para axustar o volume do ton de chamada coa tecla de volume
•
Prema a tecla de volume cara arriba ou cara a abaixo.
Para axustar o volume da reprodución multimedia coa tecla de volume
•
Mentres se reproduce música ou está a visualizar vídeo, prema a tecla de volume
cara arriba ou cara a abaixo.
Configurar os axustes de son
Pode configurar algúns axustes de son. Por exemplo, pode establecer o modo silencio
no dispositivo de xeito que non soe durante unha reunión.
Para establecer o dispositivo en modo vibración
•
Prema a tecla de volume ata que apareza na barra de estado.
Tamén pode premer e manter a tecla de acendido e logo pulsar no menú emerxente
para axustar o seu dispositivo en modo vibración.
Para axustar o modo silencio no dispositivo
1
Prema a tecla de volume ata que o dispositivo vibre e apareza na barra de
estado.
2
Prema a tecla de volume de novo. aparece na barra de estado.
Tamén pode manter premida a tecla de acendido e, a continuación, pulsar no menú que
se abre para axustar o modo silencio no dispositivo.
Para axustar o modo de vibración e ton no dispositivo
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Son.
3
Marque a caixa de verificación Vibrar ao soar.
Data e hora
Pode cambiar a data e a hora no dispositivo.
Para establecer a data manualmente
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Data e hora.
3
Desmarque a caixa de verificación Data e hora automáticas, se está marcada.
4
Pulse Axustar a data.
5
Axuste a data desprazándose cara arriba e cara a abaixo.
6
Pulse Feito.
Para establecer a hora manualmente
1
Desde a súa Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Data e hora.
3
Desmarque a caixa de verificación Data e hora automáticas se está marcada.
4
Pulse Axustar a hora.
5
Desprácese cara abaixo ou arriba para axustar a hora e os minutos.
6
Se é preciso, desprácese cara arriba para cambiar de am a pm, ou viceversa.
7
Pulse Feito.
Para axustar a zona horaria
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Data e hora.
3
Desmarque a caixa de verificación Zona horaria automática, se está marcada.
4
Pulse Seleccionar zona horaria.
5
Seleccione unha opción.
30
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Axustes dos tons de chamada
Para axustar un ton de chamada
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Son > Ton de chamada do tel..
3
Seleccione un ton de chamada.
4
Pulse Feito.
Para activar os tons de pulsación
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Son.
3
Marque as caixas de verificación Tons ao tocar o tecl. telefónico e Sons ao
tocar.
Seleccionar o son de notificación
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Son > Son de notificación predeterminado.
3
Seleccione o son que se reproducirá cando chegue unha notificación.
4
Pulse Feito.
Axustes da pantalla
Para axustar o brillo da pantalla
1
Arrastre a barra de estado cara abaixo e logo pulse > Pantalla > Brillo.
2
Arrastre o control desprazable para axustar o brillo.
3
Pulse Aceptar.
Reduza o nivel de brillo para aumentar o rendemento da batería.
Para establecer a vibración da pantalla ao tocala
1
Arrastre a barra de estado cara abaixo e logo pulse > Son.
2
Marque a caixa de verificación Vibrar ao tocar. A pantalla agora vibra cando
pulsa nas teclas programables e nalgunhas aplicacións.
Para axustar o tempo de inactividade antes de desactivar a pantalla
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Pantalla > Suspensión.
3
Seleccione unha opción.
Para desactivar a pantalla rapidamente, prema brevemente a tecla de acendido .
Configuración do idioma
Pode seleccionar un idioma predeterminado para o seu dispositivo e cambialo máis
adiante.
Para cambiar o idioma
1
Desde a Pantalla de inicio pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Idioma e entrada > Idioma.
3
Seleccione unha opción.
4
Pulse Aceptar.
Se selecciona outro idioma e non pode ler o texto dos menús, localice e pulse . Entón
seleccione o texto a carón de
, e seleccione a primeira entrada no menú que se abre. Entón
pode seleccionar o idioma que desexe.
Modo avión
No modo avión, a rede e os transceptores de radio desactívanse para evitar
interferencias cos equipos sensibles. Sen embargo, aínda pode reproducir xogos,
escoitar música, ver vídeos e outros contidos que estean gardados na súa tarxeta de
31
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
memoria ou na súa memoria interna. Tamén pode recibir alarmas de notificación, se
estas están activadas.
Activar o modo Avión reduce o consumo de batería.
Para activar o modo avión
1
Desde a súa Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Máis....
3
Marque a caixa de verificación Modo avión.
Tamén pode manter premida a tecla de acendido e logo seleccionar Modo avión no menú
que se abre.