Sony Xperia L - Memoria

background image

Memoria

Pode gardar contido no almacenamento interno do dispositivo e na tarxeta de memoria.

Tarxeta de memoria

O dispositivo admite as tarxetas de memoria microSD™, que se usan para contido

multimedia. Este tipo de tarxetas tamén se pode usar como tarxeta de memoria portátil

con outros dispositivos compatibles.

É posible que necesite mercar unha tarxeta de memoria por separado.

Extracción segura da tarxeta de memoria

Cando o teléfono está apagado, pode extraer a súa tarxeta de memoria de xeito seguro

en calquera momento. Se desexa extraer a tarxeta de memoria mentres o seu teléfono

está acendido, cómpre primeiro desmontar a tarxeta de memoria antes de extraela

32

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

fisicamente do teléfono. Isto pode evitar danar a tarxeta de memoria ou perder os datos

almacenados nela.

Para desmontar a tarxeta de memoria

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Configuración > Almacenamento > Deter a tarxeta SD.

Formatar a tarxeta de memoria

Pode formatar a tarxeta de memoria do seu dispositivo, por exemplo, para liberar

memoria. Esto significa que elimina tódolos datos da tarxeta.

Ó formatar a tarxeta de memoria elimínase todo o contido dela. Asegúrese de facer copias de

seguridade de todo o que desexa gardar antes de formatar a tarxeta de memoria. Para facer

unha copia de seguridade do contido pode copialo no seu ordenador. Para obter máis

información, consulte o capítulo Conectar o dispositivo a un ordenador na páxina 101.