Estado e notificacións
A barra de estado na parte superior da súa pantalla amosa o que está a suceder no seu
dispositivo. Na parte esquerda aparecerán as notificacións cando haxa algo novo ou en
curso. Por exemplo, as novas mensaxes e as notificacións do calendario aparecerán
aquí. Na parte dereita amósase a cobertura, o estado da batería e outra información.
O panel de notificacións permítelle axustar configuración básica no seu dispositivo, por
exemplo, Wi-Fi
®
, Bluetooth
®
, tráfico de datos e son. Pode abrir o menú de configuración
desde o panel de notificacións para configurar outros axustes.
Comprobar notificacións e actividades en curso
Pode arrastrar cara abaixo a barra de estado para abrir o panel Notificacións e obter
máis información. Por exemplo, pode usar o panel para abrir unha nova mensaxe ou ver
un evento do calendario. Tamén pode abrir algunhas aplicacións que se atopan en
execución en segundo plano, como o reprodutor de música.
Para abrir o panel de notificacións
•
Arrastre a barra de estado cara a abaixo.
23
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para pechar o panel de notificacións
•
Arrastre a ficha da parte inferior do panel de notificación cara arriba.
Para abrir unha aplicación en execución desde o panel de notificacións
•
Pulse a icona da aplicación en execución para abrila.
Para descartar unha notificación do panel de notificacións
•
Poña o dedo sobre unha notificación e toque lixeiramente cara á esquerda ou á
dereita.
Para borrar o panel de notificacións
•
Desde o panel de notificacións pulse Borrar.
Axustar o seu dispositivo desde o panel de notificacións
Pode abrir o menú de configuración desde o panel de notificacións para axustar a
configuración básica do dispositivo. Por exemplo, pode activar o Wi-Fi®.
Para abrir o menú de configuración do dispositivo desde o panel de notificacións
1
Arrastre a barra de estado cara a abaixo.
2
Pulse .
Para axustar axustes de son desde o panel de notificacións
1
Arrastre a barra de estado cara a abaixo.
2
Pulse .
Para controlar a función Bluetooth
®
desde o panel de notificacións
1
Arrastre a barra de estado cara abaixo.
2
Pulse .
Para controlar a función Wi-Fi® desde o panel de notificacións
1
Arrastre a barra de estado cara a abaixo.
2
Pulse .
Para activar ou desactivar o tráfico de datos desde o panel de notificacións
1
Arrastre a barra de estado cara a abaixo.
2
Pulse .