Escribir texto
Pode seleccionar entre diferentes teclados e métodos de entrada para introducir texto
que conteña letras, números e outros caracteres. Pode escribir en dous ou tres idiomas
latinos sen cambiar de teclado. O teclado internacional Xperia™ detecta o idioma e predí
as palabras segundo escribe.
Teclado en pantalla
Pulse as teclas do teclado QWERTY en pantalla para inserir texto comodamente.
Algunhas aplicacións abren automaticamente o teclado en pantalla. Tamén pode abrir
este teclado tocando un campo de texto.
Utilizar o teclado en pantalla
1 Permite cambiar entre maiúsculas i minúsculas e activa o bloqueo de maiúsculas. Nalgúns idiomas, esta
tecla úsase para acceder aos caracteres extra do idioma.
2 Permite pechar a vista do teclado en pantalla. Teña en conta que esta icona non aparece no modo
vertical.
3 Permite amosar números e símbolos.
4 Permite personalizar o seu teclado. Esta tecla desaparece logo de personalizar o teclado.
5 Permite introducir un espazo.
6 Permite introducir un retorno de carro ou confirmar a entrada de texto.
7 Permite eliminar un carácter antes do cursor.
As ilustracións que figuran no manual serven unicamente para ilustrar o dispositivo e pode que
non describan con precisión o aspecto real do mesmo.
Para amosar o teclado en pantalla para inserir texto
•
Pulse un campo de entrada de texto.
Para ocultar o teclado en pantalla
•
Cando o teclado en pantalla estea aberto, prema .
25
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para personalizar o teclado en pantalla
1
Abra o teclado en pantalla, entón pulse .
2
Siga as instrucións para personalizar o seu teclado en pantalla, por exemplo,
marque a caixa de verificación Tecla de cariña.
Se non marca a caixa de verificación Tecla de cariña ao personalizar o teclado en pantalla, a
icona do sorriso non aparecerá.
Para usar o teclado en pantalla en orientación horizontal
•
Cando insira texto, xire o dispositivo de lado.
Para que o teclado admita esta característica, a aplicación que estea a usar debe ser
compatible co modo horizontal e a configuración de orientación da pantalla debe estar en
automática.
Para inserir texto usando o teclado en pantalla
•
Para inserir un carácter visible no teclado, pulse o carácter.
•
Para inserir unha variante do carácter, toque e manteña un carácter normal do
teclado para obter unha lista das opcións dispoñibles e, a continuación,
seleccione o carácter que desexe. Por exemplo, para inserir "é", toque e manteña
"e" ata que aparezan outras opcións. A continuación, mentres mantén o seu dedo
premido no teclado, arrástreo ata "é" e seleccione ese carácter.
Para cambiar entre maiúsculas e minúsculas
•
Antes de inserir unha letra, pulse para cambiar a maiúsculas , ou viceversa.
Para activar o bloqueo de maiúsculas
•
Antes de inserir unha palabra, pulse ou ata que apareza .
Para inserir números ou símbolos
•
Cando insira texto, pulse . Aparece un teclado con números e símbolos. Pulse
para ver máis opcións.
Para introducir os signos de puntuación comúns
1
Cando remate de introducir unha palabra, pulse na barra espazadora.
2
Seleccione un signo de puntuación da barra de opcións. O signo seleccionado
insírese antes do espazo.
Para introducir rapidamente un punto, pulse a barra espazadora dúas veces cando remate de
introducir unha palabra.
Para eliminar caracteres
•
Pulse para colocar o cursor despois do caracter que desexa eliminar, entón pulse
.
Para inserir un retorno de carro
•
Ó inserir texto, pulse
para inserir un retorno de carro.
Para seleccionar texto
1
Introduza algún texto, logo pulse dúas veces o texto. A palabra que pulse
resáltase con separadores en ambos lados.
2
Prema o separador esquerdo ou dereito para seleccionar máis texto.
Para editar texto en orientación horizontal
1
Introduza algún texto, logo pulse dúas veces o texto introducido.
2
Seleccione o texto co que quere traballar, pulse Editar… e seleccione unha
opción.
26
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para editar texto en orientación vertical
1
Introduza algún texto, logo pulse dúas veces o texto introducido para que apareza
a barra de aplicacións.
2
Seleccione o texto que quere editar, logo use a barra de aplicacións para realizar
os cambios que desexe.
Barra de aplicacións
1
Cerrar a barra de aplicacións
2
Seleccionar todo o texto
3
Cortar texto
4
Copiar texto
5
Pegar texto
só aparece cando hai texto almacenado no portapapeis.
Usar a función Método de entrada por trazos para escribir palabras
Pode introducir texto desprazando o dedo polas letras no teclado en pantalla.
Método de entrada por trazos só está dispoñible cando use o teclado en pantalla.
Para introducir texto usando a función Método de entrada por trazos
1
Cando se vexa o teclado en pantalla, desprace o seu dedo polas letras para
trazar a palabra que desexa escribir.
2
Levante o dedo cando remate de escribir unha palabra. Se suxire unha palabra de
acordo coas letras que trazou. Se é necesario, seleccione a palabra correcta da
barra de opcións.
3
Para ver máis opcións, desprácese cara á dereita ou á esquerda na barra de
palabras suxeridas. Se non consegue localizar a palabra desexada, pulse unha
vez para eliminar a palabra enteira e logo tente trazar a palabra de novo ou pulse
cada letra para introducir a palabra.
4
Se está activado o axuste de espazo automático, trace a palabra seguinte que
desexe introducir. Se non, pulse na barra espazadora e trace a seguinte palabra
que desexe introducir.
Para cambiar os axustes de Método de entrada por trazos
1
Cando se amose o teclado en pantalla, pulse .
2
Pulse e logo Axustes do teclado> Axustes de entrada de texto.
3
Para activar ou desactivar a función de entrada por trazos, marque ou desmarque
a caixa de verificación Método de entrada por trazos.
Teclado reducido
O teclado reducido é semellante ao teclado estándar de 12 teclas dos móbiles. Este
teclado ofrece texto preditivo e opcións de entrada de varias pulsacións. O método de
entrada de texto con teclado reducido actívase nos axustes do teclado. Este teclado só
está dispoñible en orientación vertical.
27
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Uso do teclado reducido
1
Permite elixir unha opción de entrada de texto
2
Permite cambiar entre maiúsculas i minúsculas e activa o bloqueo de maiúsculas
3
Permite mostrar números
4
Permite mostrar símbolos e emoticonas
5
Permite inserir un espazo
6
Permite inserir un retorno de carro ou confirmar a entrada de texto
7
Permite eliminar un carácter antes do cursor
As ilustracións que figuran no manual serven unicamente para ilustrar o dispositivo e pode que
non describan con precisión o aspecto real do mesmo.
Para abrir o teclado reducido por primeira vez
1
Pulse nun campo de entrada de texto, despois pulse .
2
Pulse e logo Axustes do teclado.
3
Pulse Aparencia do teclado > Deseño do teclado.
4
Seleccione o teclado telefónico.
O teclado telefónico só pode usarse no modo vertical.
Para inserir texto usando o teclado reducido
•
Cando aparece no teclado reducido, pulse cada tecla de carácter só unha vez,
aínda que a letra que precise non sexa a primeira letra da tecla. Pulse a palabra
que aparece ou pulse para ver máis suxestións de palabras e seleccionar unha
palabra da lista.
•
Cando aparece no teclado reducido, pulse a tecla en pantalla para escribir o
carácter que desexa inserir. Manteña premida esta tecla ata que o carácter
desexado estea seleccionado. Despois faga o mesmo para o carácter que queira
escribir a continuación e así sucesivamente.
Para inserir números usando o teclado reducido
•
Co teclado reducido aberto, pulse . Aparece un teclado reducido con números.
Para inserir símbolos e emoticonas usando o teclado reducido
1
Co teclado reducido aberto, pulse
. Aparece unha grade con símbolos e
emoticonas.
2
Desprácese cara a arriba ou abaixo para ver máis opcións. Pulse nun símbolo ou
emoticona para seleccionalo.
Axustes dos teclados QWERTY e reducido
Pode seleccionar diversos axustes para o teclado QWERTY en pantalla e o teclado
reducido como, por exemplo, o idioma de escritura e a corrección automática.
28
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para acceder aos axustes do teclado en pantalla e do teclado reducido
1
Cando introduza texto mediante o teclado en pantalla ou o teclado telefónico,
pulse ou .
2
Pulse e logo Axustes do teclado.
Para engadir un idioma de escritura para a entrada de texto
1
Cando introduza texto mediante o teclado en pantalla ou o teclado telefónico,
pulse ou .
2
Pulse e logo Axustes do teclado.
3
Pulse Idiomas de escritura e marque as caixas de verificación correspondentes.
4
Pulse Aceptar para confirmar.
Para seleccionar unha variante de deseño de teclado
As variantes de deseño só están dispoñibles para o teclado en pantalla cando selecciona
dous ou tres idiomas de escritura e pode que non estean dispoñibles en todos os idiomas de
escritura.
1
Cando introduza texto mediante o teclado en pantalla, pulse .
2
Pulse e logo Axustes do teclado.
3
Pulse Idiomas de escritura e logo
.
4
Seleccione unha variante de deseño de teclado.
5
Pulse Aceptar para confirmar.
Axustes de entrada de texto
Ao introducir texto usando o teclado en pantalla ou o teclado reducido, pode acceder a
un menú de axustes de entrada de texto que lle axuda a definir as opcións para a
suxestión de palabras e o espazo automático. Por exemplo, pode decidir como deben
corrixirse as palabras a medida que escribe.
Para cambiar os axustes de entrada de texto
1
Cando introduza texto mediante o teclado en pantalla ou o teclado telefónico,
pulse ou .
2
Pulse , despois pulse Axustes do teclado > Axustes de entrada de texto e
seleccione a configuración correspondente.
Introducir texto usando a entrada por voz
Cando introduza texto, pode usar a función de entrada por voz en lugar de escribir as
palabras. Só ten que pronunciar as palabras que quere inserir. A entrada por voz é unha
tecnoloxía experimental de Google™ e está dispoñible para varios idiomas e rexións.
Para activar a entrada de voz
1
Cando introduza texto mediante o teclado en pantalla ou o teclado telefónico,
pulse ou .
2
Pulse e logo Axustes do teclado.
3
Marque a caixa de verificación Tecla de escr. de voz de Google.
4
Prema para gardar os seus axustes. A icona micrófono aparece no seu
teclado en pantalla ou teclado telefónico.
Para inserir texto usando a entrada por voz
1
Abra o teclado en pantalla ou o teclado reducido.
2
Pulse . Cando apareza , fale para inserir texto. Cando remate, pulse de novo
. Aparece o texto suxerido.
3
Edite o texto de xeito manual se é preciso.