Sony Xperia L - Control do uso de datos

background image

Control do uso de datos

Pode realizar seguimento da cantidade de datos transferidos a e desde o seu dispositivo

cos seus datos móbiles ou coa conexión Wi-Fi® nun periodo determinado. Por

exemplo, pode ver a cantidade de datos usados polas aplicacións individuais. Para os

datos transferidos coa conexión de datos móbil, pode establecer unha advertencia de

uso de datos e límites para evitas custos adicionais.

Axustar a configuración de uso de datos pode axudarlle a ter un maior control do uso de

datos pero isto non garante a prevención de custos adicionais.

Para acceder aos axustes do uso de datos

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes > Uso de datos.

Para activar ou desactivar o tráfico de datos

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes > Uso de datos.

3

Para activar ou desactivar o tráfico de datos, pulse segundo corresponda o botón

acender-apagar a carón de Tráfico de datos móbiles.

Pode activar ou desactivar o tráfico de datos marcando ou desmarcando a caixa de

verificación Tráfico de datos móbiles baixo Axustes > Máis... > Redes móbiles.

34

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para establecer unha advertencia no uso de datos

1

Asegúrese de que o tráfico de datos estea activado.

2

Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .

3

Localice e pulse Uso de datos.

4

Para axustar o nivel de advertencia, arrastre as liñas de advertencia ata os valores

desexados. Recibirá unha notificación da advertencia cando a cantidade de

tráfico de datos chegue ao nivel establecido.

Para establecer un límite no uso de datos

1

Asegúrese de que o tráfico de datos estea activado.

2

Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .

3

Localice e pulse Uso de datos.

4

Marque a caixa de verificación Establ. o límite de dat. móbiles se non está xa

marcada, despois pulse Aceptar.

5

Para establecer o límite no uso de datos, arrastre a liña correspondente ata os

valores desexados.

Cando o seu uso de datos chega ao límite establecido, o tráfico de datos do seu dispositivo

se desconectará de xeito automático.

Para controlar o uso de datos de aplicacións individuais

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes > Uso de datos.

3

Localice e pulse a aplicación que desexe.

4

Marque a caixa de verificación Restrinxir datos de referencia.

5

Para acceder á configuración máis específica da aplicación, pulse Ver axustes da

aplicación e faga os cambios que desexe.

Non sempre se pode acceder á configuración específica dunha aplicación.

O rendemento das aplicacións individuais pode verse afectado se cambia os axustes de uso

de datos relacionados.

Para ver datos transferidos a través de Wi-Fi®

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes > Uso de datos.

3

Pulse , despois marque a caixa de verificación Amosar uso de Wi-Fi se non está

marcada.

4

Pulse a pestana Wi-Fi.