Configuración de rede móbil
O dispositivo cambia automaticamente de rede móbil segundo as redes móbiles que
estean dispoñibles nos diferentes lugares. Tamén pode facer que o dispositivo se
conecte a un tipo concreto de rede móbil, por exemplo, WCDMA ou GSM.
Para seleccionar un modo de rede
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Máis... > Redes móbiles.
3
Pulse Modo de rede.
4
Seleccione un modo de rede.
Para seleccionar outra rede manualmente
1
Desde a Pantalla de inicio pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Máis... > Redes móbiles > Operadores de rede.
3
Pulse Modo de busca > Manual.
4
Seleccione unha rede.
Se selecciona unha rede manualmente, o dispositivo non procurará outras redes, aínda que
saia da cobertura da rede seleccionada manualmente.
35
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para activar a selección automática de rede
1
Desde a Pantalla de inicio pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Máis... > Redes móbiles > Operadores de rede.
3
Pulse Modo de busca.
4
Pulse Automático.
Desactivar o tráfico de datos
Pode desactivar todas as conexións de datos de redes móbiles para evitar calquera
descarga e sincronización de datos non desexados. Contacte co seu operador de rede
se necesita obter información detallada do seu plan de subscrición e dos custos do
tráfico de datos.
Cando o tráfico de datos está desactivado, aínda pode usar as conexións Wi-Fi® e
Bluetooth®. Tamén pode enviar e recibir mensaxes multimedia.
Para desactivar todo o tráfico de datos
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Máis... > Redes móbiles.
3
Desmarque a caixa de verificación Tráfico de datos móbiles.
Itinerancia de datos
Algúns operadores de rede permítenlle enviar e recibir datos móbiles cando está en
itinerancia fóra da súa rede doméstica. É recomendable comprobar de xeito anticipado
as tarifas correspondentes de transmisión de datos.
Para activar a itinerancia de datos
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Máis... > Redes móbiles.
3
Marque a caixa de verificación Itinerancia de datos.
Non pode activar a itinerancia de datos cando as conexións de datos están desactivadas.
36
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.