Batería
Carga da batería
A batería está cargada parcialmente no momento da compra do dispositivo. Poden
pasar algúns minutos antes de que apareza a icona da batería aparece na pantalla
cando se conecta o cable cargador a unha fonte de alimentación como un porto USB
ou un cargador. Pode seguir usando o dispositivo mentres se está a cargar. A carga do
dispositivo durante un período de tempo prolongado, por exemplo, toda a noite, non é
prexudicial para a batería nin o dispositivo.
Pouco despois de se cargar por completo, a batería comeza a descargarse para logo cargarse
de novo pasado un certo tempo cando se conecta o cargador. Deste xeito prolóngase a vida
da batería e é posible que se amose un estado de carga inferior ao 100 por cento.
12
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para cargar o seu dispositivo
1
Enchufe o cargador a unha toma de corrente.
2
Enchufe un extremo do cable USB no cargador (ou no porto USB dun
ordenador).
3
Enchufe o outro extremo do cable no porto micro USB do seu dispositivo, co
símbolo de USB mirando cara arriba. O LED de estado da batería ilumínase
cando comeza a carga.
4
Cando o LED de estado da batería se ilumina en cor verde, o dispositivo está
completamente cargado. Desconecte o cable USB do dispositivo tirando del cara
a fóra sen torcelo. Asegúrese de non dobrar o conector cando extraia o cable do
dispositivo.
Use o cargador e o cable USB fornecidos co dispositivo para que a carga se realice do xeito
máis rápido posible.
Se a batería está completamente descargada, o LED pode tardar uns minutos en acenderse
despois de conectar o cable do cargador a unha fonte de alimentación.
Estado do LED da batería
Verde
A batería está completamente cargada
Vermello intermitente
Nivel baixo da batería
Laranxa
A batería estase a cargar. O nivel da batería está entre baixo e completo
Para comprobar o nivel de batería
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Verbo do teléfono > Estado > Nivel da batería.
Mellorar o rendemento da batería
As seguintes suxestións poden axudarlle a mellorar o rendemento da batería:
•
Cargue o dispositivo con frecuencia. Isto non afectará á duración da batería.
•
Descargar datos da Internet consome enerxía. Cando non estea a usar a Internet, pode
aforrar enerxía se desactiva tódalas conexións a través de redes móbiles. Este axuste
non evita que o seu dispositivo transmita datos a través doutras redes sen fíos.
•
Desactive as conexións do Bluetooth® e Wi-Fi® cando non precise destas
características. Pode activalas e desactivalas dun xeito máis sinxelo desde o panel de
notificación se arrastra cara abaixo a barra de estado.
•
Use a característica Modo STAMINA e Modo de batería baixa para reducir o consumo
de batería. Pode seleccionar o modo de aforro de enerxía que mellor se axeite ao seu
uso do dispositivo. Tamén pode personalizar os axustes de cada modo de aforro de
enerxía.
•
Axuste as súas aplicacións de sincronización (usadas para sincronizar o seu correo
electrónico, calendario e contactos) para sincronizar de xeito manual. Tamén pode usar
a sincronización automática, pero aumentando os intervalos de sincronización.
•
Comprobe o menú de uso da batería no dispositivo para ver que aplicacións usan máis
enerxía. A batería consome máis enerxía cando usa aplicacións de transmisión en
13
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
secuencias de vídeo e música, como YouTube™. Algunhas aplicacións descargadas de
Google Play™ tamén consomen máis enerxía.
•
Peche e saia das aplicacións que non estea a usar.
•
Reduza o nivel de brillo da pantalla.
•
Apague o seu dispositivo ou active o axuste Modo avión cando estea nunha zona sen
cobertura de rede. Do contrario, o dispositivo buscará repetidamente redes dispoñibles
e isto consome enerxía.
•
Use un dispositivo mans libres orixinal de Sony™ para escoitar música. Os dispositivos
mans libres requiren menos enerxía da batería que os altofalantes do dispositivo.
•
Manteña o seu dispositivo en espera cando sexa posible. O tempo de espera fai
referencia ao tempo durante o cal o seu dispositivo está conectado á rede e non se está
a usar.
•
Desactive os fondos vivos.
Para acceder ao menú de uso da batería
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Xestión de enerxía > Uso da batería para ver as
aplicacións instaladas que consomen máis batería.
Usar o modo STAMINA
Active esta característicaModo STAMINA para deter a súa conexión Wi-Fi® , o tráfico
de datos e algunhas aplicacións que consomen enerxía cando a súa pantalla está
inactiva. Mentres o modo STAMINA permanece activo, poderá recibir chamadas
telefónicas, e mensaxes multimedia e de texto. Tamén pode configurar unha lista de
aplicacións para permitir que algunhas delas sigan executándose mentres a pantalla está
inactiva. En canto a pantalla volva a estar activa, todas as funcións detidas se
retomarán.
Activar o modo STAMINA
1
Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .
2
Localice e pulse Xestión de enerxía.
3
Arrastre o control desprazable a carón de Modo STAMINA cara á dereita, logo
pulse Activar. aparece na barra de estado cando o modo STAMINA está
activado.
Desactivar o modo STAMINA
1
Desde a súa Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Xestión de enerxía.
3
Pulse a carón de Modo STAMINA.
Cambiar a configuración para o modo STAMINA
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Xestión de enerxía.
3
No menú de configuración, pulse Modo STAMINA.
4
Engada ou elimine aplicacións, como desexe.
5
Cando remate, pulse Listo.
Estimación do tempo en espera do seu dispositivo
O tempo en espera fai referencia á cantidade de tempo que pode durar a súa batería
cando o seu dispositivo está conectado á rede, pero non está en uso activo, por
exemplo, para recibir ou facer chamadas telefónicas. O modo STAMINA, cando está
activado, evalúa de xeito automático o tempo en espera restante que pode variar
segundo o uso que faga do seu dispositivo. O modo STAMINA é máis efectivo para
alongar o tempo en espera se mantén a pantalla do seu dispositivo bloqueada. Se non
sole bloquear a pantalla, pode que non vexa moita diferenza no rendemento da batería.
Cando use o seu dispositivo por primeira vez, o tempo en espera estimado pode que non sexa
preciso xa que non hai historial previo co que facer a estimación.
14
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para ver o tempo en espera estimado
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Xestión de enerxía.
Usar o modo de batería baixa
Pode activar a característica Modo de batería baixa para aforrar enerxía cando o nivel
de batería sexa baixo. Esta característica axúdalle a axustar a configuración de brillo da
pantalla, tráfico de datos e función de vibración, de xeito que poda reducir o consumo
de batería.
Activar o modo de batería baixa
1
Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .
2
Localice e pulse Xestión de enerxía.
3
Arrastre el control desprazable a carón de Modo de batería baixa cara á dereita.
Desactivar o modo de batería baixa
1
Desde a súa Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Xestión de enerxía.
3
Pulse a carón de Modo de batería baixa.
Cambiar a configuración para o modo de batería baixa
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Xestión de enerxía.
3
No menú de configuración, pulse Modo de batería baixa.
4
Axuste a configuración como desexe.
5
Cando remate, pulse .