
Introdución ao correo electrónico
Pode xestionar varias contas de correo ao mesmo tempo usando a aplicación do correo
electrónico, incluso contas corporativas de Microsoft Exchange Active Sync. Os correos
electrónicos que recibe na súa conta de Gmail™ poden xestionarse no seu dispositivo
tanto desde a aplicación de correo electrónico como desde a de Gmail™.
Uso de contas de correo electrónico
Para configurar unha conta de correo no dispositivo
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Correo electrónico.
3
Siga as instrucións que aparecen na pantalla para completar a configuración.
Para algúns servizos de correo electrónico, pode precisar contactar co seu fornecedor de
servizos de correo electrónico para obter información detallada dos axustes para a conta de
correo.
Para axustar unha conta de correo electrónico como a súa conta predeterminada
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Correo electrónico.
3
Prema e logo pulse Axustes.
4
Seleccione a conta que desexe usar como conta predeterminada para compoñer
e enviar correos electrónicos.
5
Marque a caixa de verificación Conta predeterminada. A caixa de entrada da
conta predeterminada aparece cada vez que abre a aplicación do correo
electrónico.
Se só ten unha conta de correo electrónico, esta conta convértese de xeito automático na
conta predeterminada.
Para engadir unha conta de correo adicional no seu dispositivo
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Correo electrónico.
3
Pulse na parte superior da pantalla, entón pulse Engadir conta.
4
Insira o enderezo de correo electrónico e o contrasinal, despois pulse Seguinte.
Se non se poden descargar de xeito automático os axustes da conta de correo
electrónico, complete a configuración de xeito manual.
5
Se se lle pide, introduza un nome para a súa conta de correo de xeito que sexa
facilmente identificable. O mesmo nome se amosa nos correos electrónicos que
envíe desde esta conta.
6
Cando remate, pulse Seguinte.
Para eliminar unha conta de correo do seu dispositivo
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Correo electrónico.
3
Prema e logo pulse Axustes.
4
Seleccione a conta que desexe eliminar.
5
Pulse Eliminar conta > Aceptar.
Gmail™ e outros servizos de Google™
Se ten unha conta de Google™, pode usar a aplicación de Gmail™ no seu dispositivo
para ler, escribir e organizar mensaxes de correo electrónico. Despois de configurar a
súa conta de Google™ para traballar con ela no seu dispositivo, tamén pode falar cos
53
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

amigos coa aplicación Google Talk™, sincronizar a aplicación de calendario co seu
Google Calendar™ e descargar aplicacións e xogos desde o Google Play™.
Non todas as redes ou operadores de rede de todas as áreas admiten todas as funcións e
servizos descritos neste capítulo, nin se admiten en tódolos países nin en tódalas rexións.
Para configurar unha conta de Google™ no dispositivo
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Engadir conta > Google.
3
Siga as instrucións do asistente de rexistro para crear unha conta de Google™ ou
inicie a sesión se xa dispón dunha.
Tamén pode iniciar a sesión ou crear unha conta de Google™ desde o asistente de
configuración cando acende o seu dispositivo por primeira vez. Ou tamén pode crear unha
conta en liña en www.google.com/accounts.
Para abrir a aplicación Gmail™
1
Desde a Pantalla de inicio pulse .
2
Localice e pulse Gmail .