Sony Xperia L - Tecnoloxía sen fíos Bluetooth™‎

background image

Tecnoloxía sen fíos Bluetooth™

Use a función Bluetooth™ para enviar ficheiros a outros dispositivos Bluetooth™

compatibles ou para conectar accesorios de mans libres. Active a función Bluetooth™

no seu dispositivo e cree conexións sen fíos a outros dispositivos Bluetooth™

compatibles como ordenadores, accesorios de mans libres e teléfonos. As conexións

Bluetooth™ funcionan mellor nun radio de 10 metros (33 pés), sen obxectos sólidos por

medio. Nalgúns casos cómpre asociar manualmente o dispositivo con outros

dispositivos Bluetooth™.

A interoperabilidade e a compatibilidade entre dispositivos Bluetooth™ poden variar.

Para activar a función Bluetooth™ e facer que o dispositivo sexa visible

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Configuración.

3

Pulse o conmutador acender-apagar a carón do Bluetooth para activar a función

Bluetooth™.

4

Pulse Bluetooth. Aparece o seu dispositivo e unha lista dos dispositivos

Bluetooth™ dispoñibles.

5

Pulse o nome do seu dispositivo para facelo visible para outros dispositivos

Bluetooth™.

Para axustar o tempo que o dispositivo permanece visible para outros dispositivos

Bluetooth™

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Configuración > Bluetooth.

3

Prema e seleccione Temp. de esp. de visibilid..

4

Seleccione unha opción.

Darlle nome ao dispositivo

Pode darlle un nome ao seu dispositivo. Este nome se amosa a outros dispositivos

cando active a función Bluetooth™ e o seu dispositivo estea axustado en modo visible.

Para poñerlle un nome ao dispositivo

1

Asegúrese de que a función Bluetooth™ estea activada.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse Configuración > Bluetooth.

4

Prema e seleccione Renomear teléfono.

5

Introduza un nome para o dispositivo.

6

Pulse Renomear.

99

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Asociación con outro dispositivo Bluetooth™

Ao asociar o dispositivo con outro pode, por exemplo, conectar o dispositivo a un mans

libres Bluetooth™ ou a un kit para vehículos Bluetooth™ e usar estes dispositivos para

facer e recibir chamadas.
Despois de asociar o dispositivo cun dispositivo Bluetooth™, o dispositivo recordará

esta asociación. É posible que deba inserir un código de acceso ao asociar o dispositivo

con outro dispositivo Bluetooth™. O dispositivo tentará usar automaticamente o código

de acceso xenérico 0000. Se isto non funciona, consulte a documentación do

dispositivo Bluetooth™ para obter o código de acceso do dispositivo. Non será preciso

que volva inserir o código de acceso a vindeira ocasión que se conecte a un dispositivo

Bluetooth™ xa asociado.
Algúns dispositivos Bluetooth™ como, por exemplo, a maioría dos mans libres

Bluetooth™, requiren que asocie e conecte os dispositivos.
Pode asociar o dispositivo con varios dispositivos Bluetooth™, pero só se poderá

conectar cun perfil Bluetooth™ cada vez.

Para asociar o dispositivo con outro dispositivo Bluetooth™

1

Asegúrese de que o dispositivo co que desexa asociar o dispositivo ten activada

a función Bluetooth™ e de que é visible para outros dispositivos Bluetooth™.

2

Desde a Pantalla de inicio pulse .

3

Localice e pulse Configuración > Bluetooth. Aparecerán en forma de lista todos

os dispositivos Bluetooth™ dispoñibles.

4

Pulse o dispositivo Bluetooth™ que desexa asociar co seu dispositivo.

5

Introduza un contrasinal, se é necesario, ou confirme o mesmo contrasinal en

ambos dispositivos. O dispositivo e o dispositivo Bluetooth™ xa están

emparellados.

Para conectar o dispositivo a outro dispositivo Bluetooth™

1

Se quere conectarse a un dispositivo Bluetooth que require que asocie o

dispositivo antes de conectarse, siga os pasos correspondentes para asociar o

dispositivo con ese outro dispositivo.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse Configuración > Bluetooth.

4

Pulse o dispositivo Bluetooth™ ao que desexa conectar o dispositivo.

Para terminar a asociación cun dispositivo Bluetooth

®

1

Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .

2

Localice e pulse Bluetooth.

3

En Dispositivos asociados pulse a carón do nome do dispositivo cuxa

asociación quere terminar.

4

Pulse Desemparellar.

Enviar e recibir elementos usando a tecnoloxía Bluetooth™

Comparta elementos con outros dispositivos Bluetooth™ compatibles como teléfonos

ou ordenadores. Pode enviar e recibir varios tipos de elementos usando a función

Bluetooth™, como:

Fotos e vídeos

Música e outros ficheiros de audio

Contactos

Páxinas web

100

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para enviar elementos usando Bluetooth

®

1

Dispositivo receptor: Asegúrese de que a función Bluetooth

®

está activada e

que o dispositivo está visible para outros dispositivos Bluetooth

®

.

2

Dispositivo de envío: Abra a aplicación que contén o elemento que desexa

enviar e desprácese ata el.

3

Dependendo da aplicación e do elemento que desexe enviar, é posible que teña,

por exemplo, que tocar e manter o elemento, abrir o elemento e premer É

posible que existan outros xeitos de enviar un elemento.

4

Seleccione Bluetooth.

5

Active a función Bluetooth

®

, se se lle solicita que o faga.

6

Pulse o nome do dispositivo receptor.

7

Dispositivo receptor: Se se lle pregunta, acepte a conexión.

8

Dispositivo de envío: Se se lle solicita, confirme a fransferencia ao dispositivo

receptor.

9

Dispositivo receptor: Acepte o elemento entrante.

Para recibir elementos usando o Bluetooth™

1

Asegúrese de que a función Bluetooth™ estea activada e que sexa visible para

outros dispositivos Bluetooth™.

2

O dispositivo de envío agora comeza a enviar datos ao seu dispositivo.

3

Se se lle pide, introduza o mesmo código de acceso en ambos os dous

dispositivos ou confirme o código de acceso suxerido.

4

Cando se lle notifique un ficheiro entrante no seu dispositivo, arrastre a barra de

estado cara abaixo e pulse a notificación para aceptar a transferencia do ficheiro.

5

Pulse Aceptar para iniciar a transferencia de ficheiros.

6

Para ver o progreso da transferencia, arrastre a barra de estado cara abaixo.

7

Para abrir un elemento recibido, arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse na

notificación correspondente.

Para ver ficheiros recibidos usando Bluetooth™

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Configuración > Bluetooth.

3

Prema e seleccione Amosar ficheiros recibidos.