Sony Xperia L - NFC

background image

NFC

Use Near Field Communications (NFC) para compartir datos con outros dispositivos,

como vídeos, fotos, enderezos de páxinas web, ficheiros de música ou contactos.

Tamén pode usar o NFC para escanear etiquetas que lle ofrecen máis información sobre

un produto ou servizo ademais de etiquetas que activar determinadas funcións no seu

dispositivo.
NFC é una tecnoloxía sen fíos cun rango máximo dun centímetro, de xeito que os

dispositivos que comparten datos teñen que estar ben preto un do outro. Antes de usar

o NFC, cómpre acender primeiro a función NFC e a pantalla do seu dispositivo debe

estar activa.

É posible que NFC non estea dispoñible en todos os países e/ou rexións.

Para activar a función NFC

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Configuración > Máis....

3

Marque a caixa de verificación NFC.

Área de detección NFC

A localización da área de detección NFC non é a mesma en todos os dispositivos. Cando

comparta datos con outro dispositivo que use NFC, consulte a guía do usuario do outro

dispositivo para obter máis información.

Para compartir un contacto con outro dispositivo usando NFC

1

Asegúrese de que ambos dispositivos teñen a función NFC activada e que ambas

pantallas estean activadas.

2

Para ver contactos, ir á súa Pantalla de inicio, pulsar , entón pulse .

3

Pulse no contacto que desexe enviar.

4

Coloque o seu dispositivo e o dispositivo receptor un contra o outro de xeito que

a área de detección NFC de cada dispositivo estean en contacto. Cando os

dispositivos conectan, vibran e reproducen un son curto. Aparece unha miniatura

do contacto.

5

Pulse na miniatura para iniciar a transferencia.

6

Cando remate a transferencia, a información do contacto se amosará na pantalla

do dispositivo receptor e tamén se gardará no dispositivo receptor.

97

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para compartir un ficheiro de música con outro dispositivo usando NFC

1

Asegúrese de que tanto o seu dispositivo como o dispositivo receptor teñen

activada a función NFC e que ambas pantallas están activas.

2

Para abrir a aplicación "WALKMAN™", pulse e logo pulse .

3

Seleccione unha categoría de música e navegue ata a pista que desexe

compartir.

4

Pulse a pista para reproducila. A continuación pode pulsar para facer unha

pausa na reprodución da pista. A transferencia funciona tanto se a pista está en

reprodución como en pausa.

5

Manteña a parte traseira do seu dispositivo pegada á do dispositivo receptor, de

xeito que se toquen as áreas de detección NFC dos dous dispositivos. Cando os

dispositivos conectan, vibran e reproducen un son curto. Aparece unha miniatura

da pista.

6

Pulse na miniatura para iniciar a transferencia.

7

Unha vez rematada a transferencia, o ficheiro de música reprodúcese

inmediatamente no dispositivo receptor. Ao mesmo tempo, o ficheiro gárdase no

dispositivo receptor.

É posible que non poida copiar, enviar ou transferir elementos protexidos mediante dereitos

de autor.

Para compartir unha foto ou vídeo con outro dispositivo usando NFC

1

Asegúrese de que ambos dispositivos teñen a función NFC activada e que ambas

pantallas estean activadas.

2

Para ver fotos e vídeos no dispositivo, vaia á súa Pantalla de inicio e pulse ,

despois localice e pulse Álbum.

3

Pulse na foto ou no vídeo que desexe compartir.

4

Coloque o seu dispositivo e o dispositivo receptor un contra o outro de xeito que

a áreas de detección NFC estean en contacto unha coa outra. Cando os

dispositivos conectan, vibran e reproducen un son curto. Aparece unha miniatura

da foto ou do vídeo.

5

Pulse na miniatura para iniciar a transferencia.

6

Cando a transferencia remate, na pantalla do dispositivo receptor se amosa a foto

ou o vídeo. Ao mesmo tempo, o elemento se garda no dispositivo receptor.

Tamén pode usar o NFC para compartir un vídeo desde a aplicación Películas.

Para compartir un enderezo web con outro dispositivo usando NFC

1

Asegúrese de que ambos dispositivos teñen a función NFC activada e que ambas

pantallas estean activadas.

2

Desde a súa Pantalla de inicio, pulse .

3

Para abrir o navegador web, localice e pulse .

4

Cargue a páxina web que desexa compartir.

5

Coloque o seu dispositivo e o dispositivo receptor un contra o outro de xeito que

a áreas de detección NFC estean en contacto unha coa outra. Cando os

dispositivos conectan, vibran e reproducen un son curto. Aparece unha miniatura

da páxina web.

6

Pulse na miniatura para iniciar a transferencia.

7

Cando a transferencia remate, na pantalla do dispositivo receptor se amosa a

páxina web.

Escanear etiquetas NFC

O seu dispositivo pode escanear varios tipos de etiquetas NFC. Por exemplo, pode

escanear etiquetas incluidas nun póster, nun valado de publicidade ou nun produto

dunha tenda. Pode recibir información adicional, como un enderezo web ou un número

de teléfono.

98

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para escanear unha etiqueta NFC

1

Asegúrese de que o seu dispositivo ten a función NFC activada e que a pantalla

estea activada.

2

Coloque o seu dispositivo sobre a etiqueta para que a área de detección NFC a

toque. O seu dispositivo escanea a etiqueta e amosa o contido recollido. Pulse no

contido da etiqueta para abrila.

3

Para abrir a etiqueta, pulse nela.

Conectar a un dispositivo NFC compatible

Pode conectar o seu dispositivo a outros dispositivos compatibles NFC fabricados por

Sony, como altofalante ou auriculares. Cando estableza este tipo de conexión, tome

como referenza a guía do usuario do dispositivo compatible para obter máis información.

É posible que precise ter activado Wi-Fi® ou Bluetooth™ en ambos dispositivos para que a

conexión funcione.