Escanear códigos de barras coa aplicación NeoReader™
Sobre escanear coa aplicación NeoReader™
Utilice o teléfono coma escáner de código de barras para obter máis información sobre
os elementos que escanea. Por exemplo, cando ve un abrigo nunha revista e quere
saber onde se atopa a tenda máis próxima para mercalo. Se o anuncio contén un
código de barras lexible, a aplicación NeoReader™ usa ese código para acceder a
contido de web para móbil como, por exemplo, unha páxina web con máis información
sobre o produto ou un mapa coas tendas que estean preto. NeoReader™ é compatible
coa maioría de tipos de códigos de barras estándar.
Para iniciar a aplicación NeoReader™
1
Na Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse NeoReader™.
Para ler un código de barras
1
Cando está aberta a aplicación NeoReader™, sosteña a cámara do dispositivo
sobre o código de barras ata que poida ver no visor o código de barras completo.
2
O dispositivo le automaticamente o código de barras e vibra cando o recoñece.
Para introducir un código de barras manualmente
1
Cando a aplicación NeoReader™ estea aberta, pulse
.
2
Introduza os números do código de barras no campo de texto, despois pulse
GO!.
Descrición xeral do menú da aplicación NeoReader™
As seguintes opcións de menú están dispoñibles na aplicación NeoReader™:
Pulse para abrir máis opcións
Introducir os números do código de barras de xeito manual. Esta opción se pode usar se a lectura
do código de barras é difícil coa súa cámara
Ver unha lista de códigos de barras escaneados con anterioridade
Ver información acerca da aplicación NeoReader™. Ler máis acerca dos distintos códigos de barras
e acerca de como usar NeoReader™
Seleccionar os seus axustes persoais, como o idioma e o país. Esta información emprégase para
personalizar o contido do código de barras. Tamén pode seleccionar preferencias segundo o seu
uso da aplicación NeoReader™
Enviar unha mensaxe de texto para invitar a un amigo a descargar a aplicación NeoReader™