Sony Xperia L - Conectar o dispositivo a un ordenador

background image

Conectar o dispositivo a un ordenador

Conecte o dispositivo a un ordenador e comece a transferir imaxes, música e outros

tipos de ficheiros. Os xeitos máis sinxelos de conexión son o cable USB e a tecnoloxía

sen fíos Bluetooth.
Cando conecta o seu dispositivo ó ordenador usando un cable USB pídeselle que

instale a aplicación PC Companion no seu ordenador. A aplicación PC Companion

axúdalle a acceder a aplicacións adicionais para transferir e organizar ficheiros

multimedia, actualizar o seu dispositivo, sincronizar o contido do dispositivo e máis.

É posible que non poda transferir algún material protexido con copyright entre o seu

dispositivo e o ordenador.

Transferir e xestionar contido utilizando un cable USB

Use unha conexión con cable USB entre o seu ordenador e o dispositivo para transferir

e xestionar de xeito sinxelo os seus ficheiros. En canto dous dispositivos están

conectados, pode arrastrar e soltar contido do seu dispositivo ao ordenador, ou do

almacenamento interno do seu dispositivo á tarxeta SD usando o explorador de ficheiros

do seu ordenador.
Se está a transferir ficheiros de música, vídeo, imaxes ou outros ficheiros multimedia ao

seu dispositivo, é mellor usar a aplicacion Media Go™ no seu ordenador. Media Go™

converte os ficheiros multimedia de xeito que pode usalos no seu dispositivo.

101

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para transferir contido entre un dispositivo e un ordenador usando un cable USB

1

Cun cable USB, conecte o seu dispositivo a un ordenador. Na barra de estado

aparece Almacenamento interno conectado.

2

Ordenador: Abra o Explorador de Microsoft® Windows® desde o escritorio e

agarde ata que o almacenamento interno do seu dispositivo apareza como disco

externo no Explorador de Microsoft® Windows®.

3

Ordenador: Arrastre e solte os ficheiros que desexe entre o dispositivo e o

ordenador.

Para transferir contido entre o almacenamento interno e unha tarxeta SD co USB

1

Co cable USB, conecte o seu teléfono a un ordenador. Aparece Almacenamento

interno e tarxeta SD conectados na barra de estado na pantalla do seu

teléfono.

2

Ordenador: Abra o Explorador de Microsoft® Windows® desde o escritorio e

agarde ata que o almacenamento interno do seu teléfono e a tarxeta SD aparezan

como disco externo no Explorador de Microsoft® Windows®.

3

Ordenador: Arrastre e solte os ficheiros que desexe entre o almacenamento

interno do teléfono e a tarxeta SD.

Para transferir ficheiros directamente desde o almacenamento intero a unha

tarxeta SD no dispositivo

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes > Almacenamento > Transferir datos á tarxeta SD.

3

Marque os tipos de ficheiro que desexe transferir á tarxeta SD.

4

Pulse Transferir.

O método de transferencia directo significa que a conexión do cable USB a un ordenador non

é necesaria.

Transferir ficheiros usando o modo de transferencia multimedia a
través de Wi-Fi

®

A conexión Wi-Fi

®

permítelle transferir ficheiros entre o seu dispositivo e outros

dispositivos compatibles con MTP (Multimedia Transfer Protocol, Protocolo de

Transferencia Multimedia) como, por exemplo, un ordenador. Antes de establecer a

conexión, primeiro cómpre asociar os dous dispositivos. Se vai a transferir ficheiros de

música, vídeo, imaxes ou outros ficheiros multimedia entre o dispositivo e un ordenador,

é mellor usar a aplicación Media Go™ no seu ordenador. Media Go™ converte os

ficheiros multimedia de xeito que pode usalos no seu dispositivo.

Para poder usar esta característica, cómpre ter un equipo que dispoña de Wi-Fi

®

e que

admita a transferencia multimedia; por exemplo, un ordenador que execute Microsoft

®

Windows Vista

®

ou Windows

®

7.

Para asociar sen fíos o dispositivo cun ordenador usando o modo de transferencia

multimedia

1

Asegúrese de que o modo de transferencia multimedia estea activado no

dispositivo. Normalmente está activado de xeito predeterminado.

2

Conecte o dispositivo ao ordenador usando un cable USB.

3

Ordenador: Cando o nome do dispositivo apareza na pantalla, faga clic en

Configuración de rede e siga as instrucións para asociar o ordenador.

4

Cando remate, desconecte o cable USB en ambos os dous dispositivos.

As instrucións anteriores só funcionan co sistema operativo Windows

®

7 e se o ordenador

está conectado a un punto de acceso Wi-Fi

®

a través dun cable de rede.

102

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para conectar sen fíos dispositivos asociados no modo de transferencia

multimedia

1

Asegúrese de que o modo de transferencia multimedia estea activado no

dispositivo. Normalmente está activado de xeito predeterminado.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse Axustes > Xperia™ > Conectividade USB.

4

Pulse o dispositivo asociado ao que queira conectarse en Dispositivos de

confianza.

5

Pulse Conectar.

Asegúrese de que a Wi-Fi

®

estea activada.

Para desconectar un dispositivo asociado sen fíos no modo de transferencia

multimedia

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes > Xperia™ > Conectividade USB.

3

Pulse o dispositivo asociado do que queira desconectarse en Dispositivos de

confianza.

4

Pulse Desconectar.

Para eliminar unha asociación con outro dispositivo

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes > Xperia™ > Conectividade USB.

3

Pulse o dispositivo asociado que queira eliminar.

4

Pulse Eliminar.

PC Companion

PC Companion é unha aplicación para o ordenador que lle dá acceso a características e

servizos adicionais que lle axudan a transferir música, vídeo e imaxes do ordenador ao

dispositivo e viceversa. Tamén pode utilizar PC Companion para actualizar o dispositivo

para obter a versión do software máis recente dispoñible. Os ficheiros de instalación de

PC Companion están gardados no dispositivo e o proceso de instalación iníciase desde

o dispositivo cando o conecta a un ordenador mediante un cable USB.
Para poder usar a aplicación PC Companion, cómpre un ordenador conectado á

Internet cun dos seguintes sistemas operativos:

Microsoft® Windows® 7

Microsoft® Windows Vista®

Microsoft® Windows® XP (Service Pack 3 ou superior)

Para iniciar o PC Companion

1

Asegúrese de que PC Companion estea instalado no seu ordenador.

2

Abra a aplicación PC Companion no ordenador e, a continuación, faga clic en

Iniciar para abrir unha das características que desexe usar.