Sony Xperia L - Conectar a redes sen fíos

background image

Conectar a redes sen fíos

Pode acceder á Internet sen fíos desde o seu dispositivo mediante a tecnoloxía Wi-Fi® .

Deste xeito pode navegar pola web e compartir ficheiros multimedia sobre a mesma

rede Wi-Fi® con outros dispositivos DLNA Certified™, por exemplo, televisores e

ordenadores.
Se a súa empresa ou organización dispón dunha rede privada virtual (VPN), pode

conectarse a ela co seu dispositivo. Deste xeito pode usar unha VPN para acceder ás

Intranet e outros servizos internos da súa empresa.

Antes de usar Wi-Fi®

Para navegar pola Internet utilizando unha conexión Wi-Fi® , cómpre procurar e

conectarse a unha rede Wi-Fi® dispoñible e despois abrir o navegador da Internet. A

cobertura da rede Wi-Fi® pode variar en función da localización do dispositivo.

Achéguese máis ao punto de acceso Wi-Fi® para aumentar a cobertura.

Para activar a Wi-Fi®

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes.

3

Arrastre o botón escorregadizo ao carón de Wi-Fi cara á dereita para activar a

función Wi-Fi® .

Poden transcorrer uns segundos ata que se active o Wi-Fi® .

Para conectarse a unha rede Wi-Fi® automaticamente

1

Asegúrese de que a función Wi-Fi® estea activada.

2

Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .

3

Pulse Wi-Fi . Aparecen todas as redes Wi-Fi® dispoñibles.

4

Pulse unha rede Wi-Fi® para conectarse a ela. Nas redes protexidas, introduza

insira o contrasinal correspondente. aparece na barra de estado cando estea

conectado.

Pulse e logo

Explorar para procurar novas redes dispoñibles.

Para conectarse a outra rede Wi-Fi®

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes > rede sen fíos. Amósanse as redes Wi-Fi®

detectadas.

3

Pulse outra rede Wi-Fi® para conectarse a ela.

Para escanear manualmente redes Wi-Fi®

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes > rede sen fíos.

3

Prema e logo pulse Explorar.

4

Para conectarse a unha rede Wi-Fi® , pulse no nome da rede.

91

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para engadir unha rede Wi-Fi® manualmente

1

Asegúrese de que a función Wi-Fi® estea activada.

2

Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .

3

Pulse Wi-Fi .

4

Pulse .

5

Introduza a información de SSID de rede.

6

Para seleccionar un tipo de seguridade, pulse o campo Seguridade.

7

Se é necesario, introduza un contrasinal.

8

Pulse Gardar.

Contacte co seu administrador de rede Wi-Fi® para obter o SSID da rede e o contrasinal.

Configuración avanzada de Wi-Fi®

Estado da rede Wi-Fi®

Cando está conectado a unha rede Wi-Fi® ou hai redes Wi-Fi® dispoñibles preto de

vostede, pode ver o estado desas redes Wi-Fi® . Tamén pode activar o dispositivo para

recibir unha notificación cando detecte unha rede Wi-Fi® aberta.

Para activar as notificacións de rede Wi-Fi®

1

Active o Wi-Fi®, se aínda non o está.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse Axustes > rede sen fíos.

4

Prema .

5

Pulse Avanzados.

6

Marque a caixa de verificación Notificación de rede.

Para ver información detallada sobre unha rede Wi-Fi® conectada

1

Desde a Pantalla de inicio pulse .

2

Localice e pulse Axustes > rede sen fíos.

3

Pulse a rede Wi-Fi® á que estea conectado no momento. Aparecerá información

detallada sobre a rede.

Política de hibernación de Wi-Fi®

Ao engadir unha política de hibernación de Wi-Fi® , pode especificar cando cambiar do

Wi-Fi® á conexión móbil de datos.

Se non está conectado a unha rede Wi-Fi® , o dispositivo usa a conexión móbil de datos para

acceder á Internet (se configurou e activou unha conexión móbil de datos no dispositivo).

Para engadir unha política de hibernación de Wi-Fi®

1

Desde a Pantalla de inicio pulse .

2

Localice e pulse Axustes > rede sen fíos.

3

Prema .

4

Pulse Avanzada.

5

Pulse Manter Wi-Fi activa durante suspens..

6

Seleccione unha opción.

Wi-Fi Direct™

Use Wi-Fi Direct™ para conectarse a outros dispositivos directamente, sen unirse a

unha rede tradicional da casa, oficina ou punto de conexión. Por exemplo, pode activar

o seu dispositivo para conectarse directamente a un ordenador de xeito que poda

acceder ó contido do mesmo desde o seu dispositivo. Os dispositivos que comparten

contido deben ter unha certificación Wi-Fi Direct™.

92

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para activar Wi-Fi Direct™

1

Asegúrese de que o seu dispositivo ten acendida a función Wi-Fi® .

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse Axustes > rede sen fíos.

4

Toque > Wi-Fi Direct.

Compartir a conexión móbil de datos

Pode compartir a conexión móbil de datos do dispositivo cun ordenador usando un

cable USB. Este proceso chámase uso do móbil como router por USB. Tamén pode

compartir a conexión de datos do dispositivo con ata oito dispositivos ao mesmo tempo

se converte o seu dispositivo nun lugar de conexión Wi-Fi® portátil. Cando a conexión

de datos do dispositivo se comparte correctamente, os dispositivos que comparten

poden usar a conexión de datos do seu dispositivo, por exemplo, para navegar pola

Internet, descargar aplicacións ou enviar e recibir correos electrónicos.

É posible que teña que preparar o seu ordenador para establecer una conexión de rede a

través do cable USB. Vaia a android.com/tether para obter a información máis actual.

Para compartir a conexión de datos usando un cable USB

1

Desactive todas as conexións por cable USB ao dispositivo.

2

Co cable USB fornecido co seu dispositivo, conecte o dispositivo a un ordenador.

3

Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .

4

Pulse Máis... > Áncora e punto de conexión portátil.

5

Marque a caixa de verificación Uso do móbil como router USB. amósase na

barra de estado cando estea conectado.

6

Para deixar de compartir a súa conexión de datos, desmarque a caixa de

verificación Uso do móbil como router USB ou desconecte o cable USB.

Non pode compartir a conexión de datos do seu dispositivo e a tarxeta SD cun cable USB ao

mesmo tempo.

Para usar o dispositivo como un punto de conexión Wi-Fi® portátil

1

Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .

2

Pulse Máis... > Áncora e punto de conexión portátil.

3

Pulse Axust. de punto de conex. Wi-Fi port. > Configurar punto de conexión

Wi-Fi.

4

Introduza a información de SSID de rede.

5

Para seleccionar un tipo de seguridade, pulse o campo Seguridade. Se é

necesario, introduza un contrasinal.

6

Pulse Gardar.

7

Marque a caixa de verificación Punto de conex. Wi-Fi portátil. amósase na

barra de estado cando estea conectado.

8

Para deixar de compartir a súa conexión de datos mediante Wi-Fi®, desmarque a

caixa de verificación Punto de conex. Wi-Fi portátil.

Para renomear ou fixar o seu lugar de conexión portátil

1

Desde a Pantalla de inicio pulse .

2

Localice e pulse Configuración > Máis... > Áncora e punto de conexión

portátil.

3

Pulse Axust. de punto de conex. Wi-Fi port. > Configurar punto de conexión

Wi-Fi.

4

Introduza o SSID de rede da rede.

5

Para seleccionar un tipo de seguridade, pulse o campo Seguridade.

6

Se é necesario, introduza un contrasinal.

7

Pulse Gardar.

Redes privadas virtuais (VPN)

Use o seu dispositivo para conectarse a redes privadas virtuais (VPN), que lle permiten

acceder a recursos situados dentro dunha rede local protexida dende unha rede pública.

Por exemplo, as sociedades anónimas e as institucións educativas utilizan comunmente

93

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

conexións VPN para usuarios que teñen que acceder a intranets e outros servizos

internos cando están fóra da rede interna, por exemplo, cando están a viaxar.
As conexións VPN poden configurarse de moitos xeitos, dependendo da rede. É posible

que algunhas redes requiran que transfira e instale un certificado de seguridade no seu

dispositivo. Para obter información detallada sobre como configurar unha conexión á

súa rede privada virtual, contacte co administrador de rede da súa compañía ou

organización.

Para engadir unha rede privada virtual (VPN)

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes > Máis... > VPN.

3

Pulse .

4

Seleccione o tipo de VPN que desexa engadir.

5

Introduza os axustes da VPN.

6

Pulse Gardar.

Para conectarse a unha rede privada virtual (VPN)

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes > Máis... > VPN.

3

Na lista de redes dispoñibles, pulse a VPN á que desexa conectarse.

4

Introduza a información requirida.

5

Pulse Conectar.

Para desconectarse dunha rede privada virtual

1

Arrastre a barra de estado cara a abaixo.

2

Pulse a notificación da conexión VPN para desactivala.