Xestionar chamadas
Pode facer unha chamada marcando manualmente un número de teléfono, pulsando un
número gardado na lista de contactos ou pulsando no número de teléfono no seu
rexistro de chamadas. Tamén pode usar a característica de marcación intelixente para
localizar rapidamente números desde a súa lista de contactos e rexistro de chamadas.
Durante as chamadas, os micrófonos principal e secundario do dispositivo traballan
xuntos para suprimir o ruído de fondo.
Non cubra o micrófono secundario mentres está a falar por teléfono.
Para realizar unha chamada marcando o número
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Teléfono.
3
Insira o número do destinatario e pulse Chamar. Para eliminar un número, pulse
.
Para facer unha chamada usando a marcación intelixente
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Teléfono.
3
Use o teclado de marcación para introducir as letras ou os números que
correspondan co contacto ao que desexa chamar. Mentres introduce as letras ou
os números, aparece unha lista de posibles coincidencias.
4
Pulse no contacto ao que desexe chamar.
Para finalizar unha chamada
•
Pulse .
Para facer unha chamada internacional
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Teléfono.
3
Toque e manteña a tecla 0 ata que apareza un signo “+”.
4
Introduza o código de país, o prefixo de área (sen incluír o primeiro 0) e o número
de teléfono e pulse Chamar.
39
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para contestar unha chamada
•
Arrastre cara á dereita pola pantalla.
Para declinar unha chamada
•
Arrastre cara á esquerda pola pantalla.
Para rexeitar unha segunda chamada
•
Se escoita tons de aviso repetidamente durante unha chamada, pulse .
Para cambiar o volume do auricular do teléfono durante unha chamada
•
Prema a tecla de volume cara arriba ou cara a abaixo.
Para activar o altofalante durante unha chamada
•
Pulse .
Para silenciar o micrófono durante unha chamada
•
Pulse .
Para activar a pantalla durante unha chamada
•
Prema brevemente .
Para introducir números durante unha chamada
1
Durante a chamada, pulse . Aparece un teclado numérico.
2
Pulse os números que desexe introducir.
Para silenciar o ton de chamada dunha chamada entrante
•
Cando reciba a chamada, prema a tecla de volume.
Chamadas recentes
No rexistro de chamadas pode ver as chamadas perdidas , as recibidas e os
números marcados .
Para ver as chamadas perdidas
1
Cando ten unha chamada perdida, aparece na barra de estado. Arrastre a
barra de estado cara abaixo.
2
Pulse Chamada perdida.
Para chamar a un número desde o seu rexistro de chamadas
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Teléfono. A vista de rexistro de chamada aparece na parte
superior da pantalla.
3
Para chamar a un número directamente, pulse o número. Para editar un número
antes de chamar, toque e manteña o número desexado e despois pulse Editar
número antes de chamar.
Tamén pode chamar a un número pulsando > Devolver a chamada.
Para engadir un número do rexistro de chamadas aos contactos
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Teléfono. A vista de rexistro de chamada aparece na parte
superior da pantalla.
3
Toque e manteña pulsado o número, despois pulse Engadir a Contactos.
4
Pulse o contacto que desexe, ou pulse Crear novo contacto.
5
Edite os detalles do contacto e pulse Feito.
40
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.