Chamadas múltiples
Se activou as chamadas en espera, pode xestionar varias chamadas ao mesmo tempo.
Cando está activada esta opción, a recepción doutra chamada notificaráselle cun ton de
aviso.
Para activar ou desactivar a chamada en espera
1
Na Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Configuración > Axustes de chamada > Axustes adicionais.
3
Para activar ou desactivar a chamada en espera, pulse Chamada en espera.
Para contestar outra chamada e poñer a chamada en curso en espera
•
Se escoita tons de aviso repetidamente durante unha chamada, pulse .
Para facer unha segunda chamada
1
Durante unha chamada en curso, pulse .
2
Introduza o número do destinatario e pulse . A primeira chamada porase en
espera.
Para cambiar entre varias chamadas
•
Para cambiar a outra chamada e poñer a chamada actual en espera, pulse
Cambiar a esta chamada.
Para finalizar a chamada en curso e volver á seguinte chamada en espera
•
Pulse Finalizar chamada.