Sony Xperia L - Axustes de chamadas

background image

Axustes de chamadas

Restrición de chamadas

Pode restrinxir todas as chamadas entrantes e saíntes ou só determinadas categorías

das mesmas. Cando active por primeira vez a función de restrición de chamadas,

deberá introducir o seu PUK (Personal Unblocking Key, Clave Persoal de Desbloqueo) e,

a continuación, un novo contrasinal.

Para restrinxir chamadas entrantes ou saíntes

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes > Axustes de chamada > Bloqueo de chamada.

3

Seleccione unha opción.

4

Introduza o contrasinal e pulse Activar.

Rexeitar unha chamada cunha mensaxe

Pode rexeitar unha chamada cunha mensaxe predefinida. Cando rexeita unha chamada

cunha mensaxe, a mensaxe se envía de xeito automático ao emisor da chamada e se

garda no seu dispositivo.
Seis mensaxes veñen predefinidas no seu dispositivo. Pode seleccionar entre estas

mensaxes predefinidas e tamén pode editalas se é preciso.

Para rexeitar unha chamada cunha mensaxe predefinida

Arrastre Rexeitar con mensaxe cara arriba, despois seleccione unha mensaxe.

Para rexeitar unha segunda chamada cunha mensaxe predefinida

Cando escoite repetidos tons de aviso durante unha chamada, arrastre Rexeitar

con mensaxe cara arriba, despois seleccione unha mensaxe.

Para editar a mensaxe usada para rexeitar unha chamada

1

Desde a súa Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes > Axustes de chamada > Rexeitar chamada con

mensaxe.

3

Pulse na mensaxe que desexe editar e faga os cambios que precise.

4

Cando remate, pulse Aceptar.

Reenviar chamadas

Pode reenviar chamadas, por exemplo, a outro número de teléfono ou a un servizo de

contestador automático.

Para reenviar chamadas

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes > Axustes de chamada > Desvío de chamadas.

3

Seleccione unha opción.

4

Introduza o número ao que desexa reenviar as chamadas e pulse Activar.

42

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para desactivar o reenvío de chamadas

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes > Axustes de chamada > Desvío de chamadas.

3

Seleccione unha opción e despois pulse Desactivar.

Amosar ou ocultar o número de teléfono

Pode seleccionar que se amose ou oculte o seu número de teléfono nos dispositivos

dos destinatarios das súas chamadas.

Para amosar ou ocultar o número de teléfono

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes > Axustes de chamada > Axustes adicionais > ID do

emisor de cham..

Números de marcación fixa

Se recibiu un código PIN2 do seu fornecedor de servizos, pode usar unha lista de

Números de marcación fixa (NMF) para restrinxir as chamadas saíntes.

Para activar ou desactivar a marcación fixa

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes > Axustes de chamada > Números de marcación

fixa.

3

Pulse Activar marcación fixa ou Desactivar marcación fixa.

4

Introduza o PIN2 e pulse Aceptar.

Para acceder á lista de destinatarios de chamadas aceptadas

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes > Axustes de chamada > Números de marcación

fixa > Números de marcación fixa.

43

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.