Calendario e espertador
Calendario
O dispositivo ten un calendario para xestionar a planificación do seu tempo. Se dispón
dunha conta Google™, tamén pode sincronizar a aplicación de calendario do seu
dispositivo co seu calendario web.
Para establecer a vista do calendario
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse
Calendario.
2
Pulse Mes > Semana ou Día e seleccione unha opción.
Para ver múltiples calendarios
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse
Calendario.
2
Prema e logo pulse Calendarios.
3
Seleccione os calendarios que desexe ver.
Para crear un evento de calendario
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse , e logo pulse Calendario.
2
Pulse e logo Novo evento.
3
Introduza o nome, hora, localización e descrición do evento.
4
Pulse Máis e seleccione un recordatorio para o evento. Para engadir un novo
recordatorio para o evento, pulse .
5
Se o desexa, seleccione outra opción en Repetición.
6
Pulse Listo.
Ao achegarse a hora da cita, o dispositivo reproduce un breve son para recordarllo. Ademais,
aparece na barra de estado.
Para ver un evento de calendario
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse , e logo pulse Calendario.
2
Pulse o evento que desexe ver.
Para cambiar os axustes do calendario
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse , e logo pulse Calendario.
2
Prema e logo pulse Configuración.
3
Pulse no axuste que queira cambiar e edíteo como desexe.