Uso dos axustes da cámara fotográfica
Para axustar a configuración da cámara fixa
1
Active a cámara.
2
Para amosar todos os axustes, pulse .
3
Seleccione o axuste que queira definir e despois edíteo como desexe.
Para personalizar o panel de axustes da cámara fixa
1
Coa cámara aberta, pulse para amosar todos os axustes.
2
Toque e manteña pulsado o axuste que desexe mover e arrástreo ata a posición
que desexe.
Se arrastra o axuste fóra do panel de axustes, o cambio se cancela.
Descrición xeral da configuración da cámara fixa
Normal
Cambie a configuración da cámara de xeito manual.
Secuencia de fotos
Use o modo Secuencia de fotos para capturar varias fotos nunha sucesión rápida mantendo premido
o botón do obturador co dedo. Pode escoller entre tres velocidades de secuencia de fotos, con
diferentes niveis de resolución, é dicir, diferentes tamaños de imaxe.
Cámara frontal
Seleccione a cámara frontal para facer autorretratos.
Efecto de imaxe
Aplique efectos a fotos.
Selección de escena
Use un tipo de escenas programadas previamente para axustar de forma rápida a cámara a
situacións habituais.
Recoñec. de escena
71
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
A cámara determina a escena máis axeitada. Cando se selecciona unha escena, aparece un texto e
unha icona de escena.
Varrido panorámico
Use este axuste para tirar fotos amplas e panorámicas. Simplemente prema a tecla da cámara e
móvaa firmemente dun lado a outro.
Resolución
Seleccione entre varios tamaños de imaxe e formatos antes de tirar unha foto. As fotos
cunha maior resolución ocupan máis memoria.
3264×2448(4:3)
Un tamaño de imaxe de 8 megapíxeles cun formato de 4:3. Este tamaño é axeitado para ver as fotos
en pantallas que non son anchas ou para imprimilas en alta resolución.
3104×1746(16:9)
Un tamaño de imaxe de 5 megapíxeles cun formato de 4:3. Este tamaño é axeitado para ver as fotos
en pantallas que non son anchas ou para imprimilas en alta resolución.
1632×1224(4:3)
Un tamaño de imaxe de 2 megapíxeles cun formato de 4:3. Este tamaño é axeitado para ver fotos en
pantallas que non son anchas.
1920×1080(16:9)
Un tamaño de imaxe de 2 megapíxeles cun formato de 16:9. É axeitado para ver fotos en pantallas
anchas.
640×480(4:3)
VGA con formato 4:3.
Flash
Use o flash para tirar fotos cando as condicións de iluminación sexan pobres ou haxa luz
de fondo.
Auto
A cámara determina de xeito automático se as condicións de iluminación precisan do uso dun flash.
Flash de recheo
Use este axuste cando o fondo teña máis brillo que o suxeito. Isto elimina as sombras non desexadas.
Desactivado
O flash está desactivado. Ás veces a calidade da foto é mellor sen o flash, mesmo en condicións de
pouca iluminación. Para sacar unha boa foto sen utilizar o flash, cómpre dispoñer dunha man firme.
Use o temporizador para evitar tirar fotos borrosas.
Reduc. ollos vermellos
Reduce a cor vermella dos ollos ao tirar unha foto.
Disparador automático
Co disparador automático pódense sacar fotos sen necesidade de suxeitar o
dispositivo. Use esta función para facer autorretratos ou fotos de grupo nas que todos
desexen saír na foto. Tamén pode utilizar o disparador automático para evitar mover a
cámara ao facer fotos.
Activado (10 s.)
Establécese unha demora de 10 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara ata
que se tira a foto.
Activado (2 s.)
Establécese unha demora de 2 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara ata
que se tira a foto.
Desactivado
A foto tírase en canto se pulsa a pantalla da cámara.
Smile Shutter™
Use a función Smile Shutter para determinar con que tipo de sorriso reacciona a cámara
antes de tirar unha foto.
72
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Velocidade de secuencia de fotos
Use o modo de disparo da secuencia de fotos para tirar varias fotos nunha sucesión
rápida mantendo premido o botón disparador co seu dedo. Pode escoller entre tres
velocidades de secuencia de fotos, con diferentes niveis de resolución, é dicir, diferentes
tamaños de imaxe.
Inicio rápido
Use a configuración de inicio rápido para iniciar a cámara desde a pantalla de bloqueo.
Se o dispositivo está no modo de suspensión da cámara, prema a tecla da cámara.
Iniciar e capturar
Ao manter premida a tecla da cámara, a primeira foto captúrase de xeito inmediato en canto a cámara
se inicia desde o modo de hibernación.
Só iniciar (cámara fixa)
Ao manter premida a tecla da cámara, iníciase a cámara fixa desde o modo de hibernación.
Iniciar e gravar vídeo
Ao manter premida a tecla da cámara, o primeiro vídeo faise inmediatamente despois de iniciar a
videocámara desde o modo de hibernación.
Só iniciar (videocámara)
Ao manter premida a tecla da cámara, iníciase a videocámara desde o modo de hibernación.
Desactivado
Modo de enfoque
A función de enfoque controla que parte dunha foto debe aparecer nítida. Cando o
enfoque automático continuo está activado, a cámara segue a axustar o enfoque de
xeito que a área interior do marco de enfoque amarelo permanece nítida.
Enfoq. autom. puntual
A cámara enfoca de xeito automático ao suxeito seleccionado. O enfoque automático continuo está
activado. Toque e manteña pulsada a pantalla da cámara ata que o marco amarelo de enfoque se volva
azul, o que quere dicir que o enfoque está axustado. A foto tírase cando se levanta o dedo.
Detección de caras
A cámara detecta de xeito automático ata cinco caras humanas, indicadas con marcos na pantalla. A
cámara enfoca de xeito automático a cara máis próxima. Tamén pode seleccionar que cara desexa
enfocar pulsando sobre ela na pantalla. Cando pulsa a pantalla da cámara, aparece un marco azul que
amosa a cara que está a ser enfocada. A detección de caras non pode usarse con todos os tipos de
escenas. O enfoque automático continuo está activado.
Enfoque táctil
Toque unha zona concreta da pantalla da cámara para axustar a zona de enfoque. O enfoque
automático continuo está desactivado. Toque e manteña pulsada a pantalla da cámara ata que o marco
amarelo de enfoque se volva azul, o que quere dicir que o enfoque está axustado. A foto tírase cando
se levanta o dedo.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura Normal.
Valor de exposición
Determine a cantidade de luz na foto que quere tirar. Un valor máis alto indica un aumento na cantidade
de luz.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura Normal.
HDR
Use o axuste HDR (High Dynamic Range) para tomar unha foto a contraluz ou en
condicións onde haxa moito contraste. O HDR compensa a perda de detalle e crea
unha imaxe que amosa as zonas escura e brillante.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura Normal.
73
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Balance de brancos
A configuración do balance de brancos axusta o equilibrio de cor segundo as condicións
de iluminación.
Automático
Axusta o balance de cor de xeito automático segundo as condicións de iluminación.
Incandescente
Axusta o balance de cor en condicións de iluminación cálidas, como baixo lámpadas de luz.
Fluorescente
Axusta o balance de cor para a iluminación fluorescente.
Sol
Axusta o balance de cor para exteriores con ceo soleado.
Nubrado
Axusta o balance de cor para ceos nubrados.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura Normal.
ISO
Pode reducir o aspecto borroso dunha imaxe causado por condicións escuras ou
obxectos en movimiento aumentando a sensibilidade ISO.
Auto
Establece a sensibilidade ISO de xeito automático.
100
Establece a sensibilidade ISO en 100.
200
Establece a sensibilidade ISO en 200.
400
Establece a sensibilidade ISO en 400.
800
Establece a sensibilidade ISO en 800.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura Normal.
Medición
Esta función determina de xeito automático unha exposición equilibrada ao medir a
cantidade de luz que chegará á imaxe que quere capturar.
Central
Axusta a exposición no centro da imaxe.
Compensada
Calcula a exposición baseada na cantidade de luz de toda a imaxe.
Puntual
Axusta a exposición nunha pequena parte da imaxe que quere capturar.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura Normal.
Estabilizador de imaxes
Cando se tira unha foto, pode ser difícil suxeitar o dispositivo con firmeza. O
estabilizador de imaxes axúdalle compensando os movementos leves da man.
Xeoetiquetado
Etiquete fotos cos detalles do lugar onde se tiraron.
Activado
74
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Cando está activado o xeoetiquetado, a localización xeográfica aproximada engádese ás fotos que tira.
Para utilizar a xeoetiquetaxe tamén debe activar as características de localización no menú
Configuración. Para engadir xeoetiquetas a unha foto, cómpre determinar a localización antes de tirar a
foto. A localización está determinada cando aparece na pantalla da cámara. Cando o dispositivo
estea a procurar a súa posición, aparece .
Desactivado
Cando o xeoetiquetado está desactivado, non pode ver a localización na que está a tirar unha foto.
Captura táctil
Identifique unha zona de enfoque concreta tocando a pantalla da cámara co dedo. A
foto tírase en canto levanta o dedo. Este axuste só está dispoñible cando o modo de
enfoque está axustado para enfocar ao tocar.
Activado
Desactivado
Son de foto
Escolla activar ou desactivar o son ao gravar un vídeo.
Almacenamento de datos
Pode escoller gardar os seus datos tanto nunha tarxeta SD extraíble como no
almacenamento interno do seu dispositivo.
Almacenamento interno
As fotos ou vídeos se gardan na memoria do dispositivo.
Tarxeta SD
As fotos ou vídeos se gardan na tarxeta SD.