Acerca da cámara
A cámara do dispositivo está equipada co sensor Exmor R, que é moi sensible e permite
obter fotos e vídeos nítidos aínda en condicións de pouca iluminación. Desde a cámara,
pode, por exemplo, enviar fotos e vídeos a amigos como mensaxes ou cargalos nun
servizo web. O dispositivo tamén ten unha cámara frontal, que é útil para os
autorretratos.
Descrición xeral dos controis da cámara
1
Ampliar ou reducir co zoom
2
Pantalla da cámara principal
3
Tecla da cámara – Activar a cámara/tirar fotos/gravar vídeos
4
Ver fotos e vídeos
5
Tirar fotos ou gravar videoclips
6
Retroceder un paso ou saír da cámara
7
Cambiar entre a cámara frontal e a principal
8
Iconas dos axustes da cámara
9
Cámara frontal
Para abrir a cámara
•
Cando a pantalla estea activa, manteña premida a tecla da cámara.
Para pechar a cámara
•
Prema desde a pantalla principal da cámara.