Sony Xperia L - Restablecer o dispositivo

background image

Restablecer o dispositivo

Pode restablecer o dispositivo aos axustes orixinais, eliminando ou non todos os seus

datos persoais. Antes de restablecer os valores dun teléfono, asegúrese de efectuar

unha copia de seguridade dos datos importantes gardados no seu dispositivo.

Para levar a cabo un restablecemento aos datos de fábrica

Para evitar danos permanentes no seu dispositivo, non reinicie o dispositivo mentres se esté a

levar a cabo o procedemento de reinicio.

1

Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .

2

Localice e pulse Copia de seguridade e restabl. > Restablecemento datos de

fábrica.

3

Se tamén desexa eliminar datos como imaxes e música, que se gardan na

memoria interna do seu dispositivo, marque a caixa de verificación Borrar o

almacenamento interno.

4

Pulse Restablecer o teléfono.

5

Para confirmar, pulse Borrar todo.