Sony Xperia L - Bloquear e protexer o seu dispositivo

background image

Bloquear e protexer o seu dispositivo

Número IMEI

Todos os dispositivos teñen un número de IMEI (Identificación Internacional de Equipo

Móbil). Debe gardar unha copia deste número. Se lle rouban o seu dispositivo, o seu

fornecedor de rede pode usar o seu número de IMEI para evitar que o seu dispositivo

acceda á rede no seu país.

Para ver o número IMEI

Desactive o dispositivo e a continuación, extraia a tapa da batería e a batería para ver o

número IMEI.

Abra o marcador do teléfono do dispositivo e introduza

*#06#

.

Para ver o número IMEI no dispositivo

1

Desde a súa Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Configuración > Verbo do teléfono > Estado.

3

Desprácese a IMEI para ver o número IMEI.

Protección da tarxeta SIM

O bloqueo da tarxeta SIM só protexe a súa subscrición. O seu dispositivo funcionará

igualmente cunha nova tarxeta SIM. Se está activado o bloqueo da tarxeta SIM, deberá

inserir un PIN (número de identificación persoal). Se insire o PIN de xeito incorrecto

superando o número máximo permitido de intentos, bloquearase a tarxeta SIM. Deberá

118

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

inserir o PUK (código de desbloqueo persoal) e, a continuación, un novo PIN. O PIN,

PIN2 e PUK son fornecidos polo seu operador de rede.

Para bloquear unha tarxeta SIM

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Configuración > Seguridade > Configurar o bloqueo da

tarxeta SIM > Bloquear a tarxeta SIM.

3

Introduza o PIN da tarxeta SIM e pulse Aceptar.

Para desbloquear unha tarxeta SIM bloqueada

1

Introduza o código PUK e pulse

.

2

Introduza un novo código PIN e pulse

.

3

Volva introducir o código PIN novo e pulse

.

Se introduce un código PUK incorrecto demasiadas veces, a tarxeta SIM bloquéase. Se

sucede isto, contacte co seu fornecedor de servizos para obter unha nova tarxeta SIM.

Para cambiar o PIN da tarxeta SIM

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Configuración > Seguridade > Axustar o bloqueo da tarxeta

SIM/RUIM > Cambiar o PIN da SIM.

3

Introduza o PIN antigo da tarxeta SIM e pulse Aceptar.

4

Introduza o novo PIN da tarxeta SIM e pulse Aceptar.

5

Volva escribir o novo PIN da tarxeta SIM e pulse Aceptar.

Para cambiar o PIN2 da tarxeta SIM

1

Na Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Configuración > Axustes de chamada > Números de

marcación fixa > Cambiar o PIN2.

3

Insira o PIN2 antigo da tarxeta SIM e pulse Aceptar.

4

Insira o novo PIN2 da tarxeta SIM e pulse Aceptar.

5

Confirme o novo PIN2 e pulse Aceptar.

Axustar un bloqueo de pantalla

Hai diferentes modos para bloquear a pantalla no seu dispositivo. Por exemplo, pode

usar a característica Desbloqueo por cara, que usa a imaxe da súa cara para

desbloquear a pantalla. Tamén pode establecer un patrón de desbloqueo de pantalla,

un bloqueo con número PIN ou un contrasinal con texto.
É moi importante que lembre o patrón de desbloqueo da pantalla, o PIN ou o

contrasinal. Se esquece esta información, é posible que non poida restablecer datos

importantes como contactos e mensaxes. Consulte no centro de atención ao cliente de

Sony para obter máis información.

Para axustar un bloqueo de pantalla

1

Desde a súa Pantalla de inicio, pulse > Configuración > Seguridade >

Bloqueo de pantalla.

2

Seleccione unha opción.

119

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para configurar a característica de desbloqueo por cara

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse > Configuración > Seguridade > Bloqueo

de pantalla.

2

Pulse Desbloqueo facial e siga as instrucións no seu dispositivo para capturar a

súa cara.

3

Cando se capture a súa cara correctamente, pulse Continuar.

4

Seleccione un método de bloqueo de seguridade e siga as instrucións do

dispositivo para finalizar a configuración.

A característica de desbloqueo por cara é menos segura que o patrón de desbloqueo da

pantalla, o PIN ou un contrasinal. Alguén semellante a vostede podería desbloquear o

dispositivo.

Para obter mellores resultados, capture a súa cara nunha zona interior ben iluminada pero

non moi brillante a manteña o dispositivo ao nivel dos ollos.

Para desbloquear a pantalla usando a característica de desbloqueo por cara

1

Active a pantalla.

2

Mire cara ao dispositivo desde o mesmo ángulo que usou para capturar a foto de

desbloqueo por cara.

Se a característica de desbloqueo por cara non recoñece a súa cara, terá que debuxar o

patrón de seguridade ou escribir o PIN para desbloquear a pantalla.

Para desactivar a característica de desbloqueo por cara

1

Desde a súa Pantalla de inicio, pulse > Configuración > Seguridade >

Bloqueo de pantalla.

2

Debuxe o seu patrón de desbloqueo de seguridade na pantalla ou introduza o seu

PIN.

3

Pulse Desprazar.

Para crear un patrón de desbloqueo da pantalla

1

Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .

2

Pulse Seguridade > Bloqueo de pantalla > Patrón.

3

Siga as instrucións indicadas no dispositivo.

Para desbloquear a pantalla empregando un patrón de desbloqueo da pantalla

1

Active a pantalla.

2

Debuxe o seu patrón de desbloqueo da pantalla.

Se se rexeita cinco veces consecutivas o patrón de desbloqueo que debuxa na pantalla, debe

agardar 30 segundos e volver intentalo.

Para cambiar o patrón de desbloqueo da pantalla

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Configuración > Seguridade > Bloqueo de pantalla.

3

Debuxe o seu patrón de desbloqueo da pantalla.

4

Pulse Patrón.

5

Siga as instrucións indicadas no dispositivo.

Para desactivar o patrón de desbloqueo da pantalla

1

Desde a pantalla de inicio, pulse > Configuración > Seguridade > Bloqueo

de pantalla.

2

Debuxe o patrón de desbloqueo da pantalla.

3

Pulse Desprazar.

120

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para crear un PIN de desbloqueo da pantalla

1

Desde a pantalla de inicio, pulse > Configuración > Seguridade > Bloqueo

de pantalla > PIN.

2

Insira un PIN numérico.

3

Se é necesario, pulse para minimizar o teclado.

4

Pulse Continuar.

5

Insira de novo e confirme o seu PIN.

6

Se é necesario, pulse para minimizar o teclado.

7

Pulse Aceptar.

Para desactivar o PIN de desbloqueo da pantalla

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse > Configuración > Seguridade > Bloqueo

de pantalla.

2

Introduza o seu PIN e pulse Continuar.

3

Pulse Desprazar.

Crear un contrasinal de bloqueo de pantalla

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse > Configuración > Seguridade > Bloqueo

de pantalla > Contrasinal.

2

Insira un contrasinal.

3

Se é necesario, pulse para minimizar o teclado.

4

Pulse Continuar.

5

Insira de novo e confirme o seu contrasinal.

6

Se é necesario, pulse para minimizar o teclado.

7

Pulse Aceptar.

Para desactivar o contrasinal do desbloqueo da pantalla

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse > Configuración > Seguridade > Bloqueo

de pantalla.

2

Introduza o seu contrasinal e pulse Seguinte.

3

Pulse Desprazar.