Actualizando o seu dispositivo
Actualice o dispositivo á versión de software máis recente para obter un rendemento
óptimo e as últimas melloras.
Pode usar a aplicación Centro de actualizacións no dispositivo para executar unha
actualización sen fíos ou a aplicación PC Companion nun equipo para executar unha
actualización usando unha conexión por cable USB. Se executa a actualización sen fíos,
pode usar unha conexión a unha rede móbil ou Wi-Fi
®
. Asegúrese de facer unha copia
de seguridade e de gardar todos os datos que contén o dispositivo antes de executar a
actualización.
Se executa unha actualización usando a aplicación Centro de actualizacións, establécese
unha conexión de datos e é posible que isto xere un custo adicional. Ademais, a
dispoñibilidade de actualizacións mediante a rede móbil depende do seu operador. Contacte
co seu operador de rede para obter máis información.
Actualizando o seu dispositivo sen fíos
Use a aplicación do centro de actualizacións para actualizar o seu dispositivo sen fíos.
Pode descargar actualizacións de software manualmente ou pode permitir ao servicio de
actualizacións que actualice o seu dispositivo de xeito automático en canto as
descargas estean dispoñibles. Cando a característica de descarga automática estea
activada, aparece unha notificación na barra de estado cada vez que hai unha
actualización dispoñible.
Para descargar actualizacións de software manualmente desde o Centro de
actualizacións
1
Desde a súa pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Update Center.
3
Seleccione a actualización de aplicación ou do sistema que desexe e pulse
Descargar, ou Act. todo para descargar todas as actualizacións de aplicacións.
As actualizacións das aplicacións se executan de xeito automático despois de descargarse.
Cando descargue actualizacións do sistema, agarde a que o dispositivo se reinicie e, a
continuación, instale a actualización manualmente. Poden producirse custos de conexión de
datos ao descargar actualizacións mediante redes móbiles.
Para activar actualizacións automáticas de software usando a aplicación Centro
de Actualizacións
1
Desde a súa pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Update Center.
3
Prema , entón pulse Axustes.
4
Marque a caixa de verificación Permitir descargas automáticas, despois pulse
Aceptar. As actualizacións agora se descargan de xeito automático en canto
están dispoñibles.
Poden producirse custos de conexión de datos ao descargar actualizacións mediante redes
móbiles.
Para instalar as actualizacións do sistema
1
Desde a pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Update Center.
3
Seleccione unha actualización de sistema que desexe instalar, entón pulse
Instalar.
115
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Actualización do dispositivo usando unha conexión con cable USB
Algunhas actualizacións non están dispoñibles para a descarga mediante unha conexión
sen fíos. A barra de estado infórmalle mediante notificacións da dispoñibilidade destas
actualizacións. Para descargar e executar as actualizacións, cómpre ter un cable USB e
un ordenador coa aplicación PC Companion. Pode instalar PC Companion no
ordenador usando os ficheiros de instalación gardados no seu dispositivo ou pode
descargar a aplicación directamente desde PC Companion.
Para descargar a aplicación PC Companion desde o seu dispositivo
1
Conecte o dispositivo a un ordenador utilizando un cable USB.
2
Cando se lle pida, siga as instrucións no dispositivo para iniciar a instalación de
PC Companion no ordenador.
PC Companion tamén se pode descargar desde PC Companion.
Para descargar actualizacións de software utilizando unha conexión de cable USB
1
Instale a aplicación PC Companion no ordenador que use se non está xa
instalada.
2
Conecte o dispositivo ao ordenador usando un cable USB.
3
Ordenador: Inicie a aplicación PC Companion. Despois duns intres, PC
Companion detecta o seu dispositivo e procura novo software para el.
4
Dispositivo: Cando aparezan notificacións na barra de estado, siga as instrucións
da pantalla para efectuar as actualizacións de software pertinentes.
Para actualizar o dispositivo usando un ordenador Mac® de Apple®
1
Instale a aplicación Sony™ Bridge para Mac no ordenador Mac
®
de Apple
®
que
está a usar, se aínda non está instalada.
2
Usando un cable USB, conecte o dispositivo ao ordenador Mac
®
de Apple
®
.
3
Ordenador: Inicie a aplicación Sony™ Bridge para Mac. Pasados uns intres,
Sony™ Bridge para Mac detecta o dispositivo e procura software novo para ese
dispositivo.
4
Ordenador: Se se atopa unha nova actualización de software, amósase unha
ventá emerxente. Siga as instrucións en pantalla para realizar as actualizacións de
software correspondentes.
Pode descargar a aplicación Sony™ Bridge para Mac en Bridge for mac.