Sony Xperia L - Pantalla de inicio de WALKMAN

background image

Pantalla de inicio de WALKMAN

A pantalla de inicio de WALKMAN ofrécelle unha visión xeral de todas as cancións no

dispositivo, así como das cancións dispoñibles en Music Unlimited. Desde aquí pode

xestionar os seus álbums e listas de reprodución, crear accesos directos e organizar a

súa música por estado de ánimo e tempo usando as canles SensMe™.

1

Abrir o servizo Music Unlimited

2

Examinar a música por intérprete

3

Navegar pola música por canción

4

Navegar pola música por álbum

5

Examinar todas as listas de reprodución

6

Recoller ligazóns a música e contido relacionado que vostede e os seus amigos teñen compartido nos

servizos en liña.

7

Xestionar e editar a súa música usando canles de Music Unlimited

59

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

8

Abrir o reprodutor de música de "WALKMAN"

Sony Entertainment Network con Video Unlimited e Music Unlimited non está dispoñible en

todos os mercados. É necesaria unha subscrición aparte. Aplícanse condicións e termos

adicionais.

Para ver a pantalla de inicio de WALKMAN

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse > .

2

Se non aparece a pantalla de inicio de WALKMAN, pulse .

Para engadir un acceso directo a unha canción

1

Na pantalla de inicio de WALKMAN, busque a canción para a que desexa crear

un acceso directo.

2

Toque e manteña no título da canción.

3

Pulse Engadir como acceso directo. O acceso directo aparece agora na

pantalla de inicio de WALKMAN.

Non pode engadir accesos directos a cancións de Music Unlimited.

Para reorganizar os accesos directos

Na pantalla de inicio de WALKMAN, toque e manteña nun acceso directo ata que

aumente e o dispositivo vibre e logo arrastre o elemento ata unha nova

localización.

Para eliminar un acceso directo

Na pantalla de inicio de WALKMAN, toque e manteña nun acceso directo ata que

aumente e o dispositivo vibre e logo arrastre o elemento ata .

Só pode eliminar os accesos directos que cree vostede mesmo.

Tamén pode arrastrar os accesos directos predeterminados a , pero só se ocultan, non se

eliminan.

Para actualizar a música coa información máis recente

1

Na pantalla de inicio de WALKMAN, pulse .

2

Pulse Descargar inform. da música > Iniciar. O seu dispositivo procura en liña e

descarga as últimas portadas de álbums dispoñibles e a información das súas

cancións para súa música.

A aplicación de canles SensMe™ actívase cando se descarga información da música.

Para activar a aplicación de canles SensMe™

Na pantalla de inicio de WALKMAN, pulse e logo Descargar inform. da música

> Iniciar.

Esta aplicación precisa dunha conexión móbil ou á rede Wi-Fi®.

Para eliminar unha canción

1

Abra a pantalla de inicio de WALKMAN e logo navegue ata a canción que desexe

eliminar.

2

Toque e manteña o título da canción e logo pulse Eliminar.

Tamén pode eliminar álbums deste xeito.