Sony Xperia L - Listas de reprodución

background image

Listas de reprodución

Na pantalla de inicio de WALKMAN pode crear as súas propias listas de reprodución

desde a música gardada no dispositivo.

60

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para crear as súas propias listas de reprodución

1

Abra a pantalla de inicio de WALKMAN.

2

Para engadir un intérprete, álbum ou unha canción a unha lista de reprodución,

toque e manteña o nome do intérprete ou o título do álbum ou da canción.

3

No menú que se abre, pulse Engadir a > Crear nova lista de reprod..

4

Introduza un nome para a lista de reprodución e pulse Acept..

Tamén pode pulsar a portada do álbum e logo pulsar para crear unha lista de reprodución.

Para engadir cancións a unha lista de reprodución

1

Abra a pantalla de inicio de WALKMAN.

2

Busque a canción ou o álbum que desexa engadir á lista de reprodución, logo

toque e manteña a canción ou o título do álbum.

3

Pulse Engadir a.

4

Pulse no nome da lista de reprodución á que desexa engadir o álbum ou a

canción. O álbum ou a canción engádese á lista de reprodución.

Para reproducir as súas propias listas de reprodución

1

Abra a pantalla de inicio de WALKMAN e logo pulse Listas reprod..

2

En Listas reprod. pulse unha lista de reprodución.

3

Pulse unha canción para reproducila.

Para eliminar unha canción dunha lista de reprodución

1

Nunha lista de reprodución, toque e manteña premido o título da canción que

desexe eliminar.

2

Pulse Eliminar da lista de reprod. da lista que aparece.

Para eliminar unha lista de reprodución

1

Abra a pantalla de inicio de WALKMAN e logo pulse Listas reprod..

2

Toque e manteña a lista de reprodución que desexe eliminar.

3

Pulse Eliminar.

4

Pulse Eliminar de novo para confirmar.

Non pode eliminar as listas de reprodución predeterminadas.