Ver fotos e vídeos
Use separador Imaxes da aplicación Álbum para ver fotos e reproducir vídeos sacados
coa cámara ou para ver contido similar gardado no dispositivo. Todas as fotos e os
vídeos amósanse nunha grade ordenada de xeito cronolóxico.
1
Ver fotos e vídeos no separador Imaxes
2
Ver fotos e vídeos no separador Os meus álbums
3
Ver as opcións do menú
4
A data de elementos no grupo
5
Pulsar nunha foto ou nun vídeo para velo
6
Desprazarse cara arriba ou abaixo para ver o contido
Para ver as fotos e os vídeos
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Álbum.
3
Pulse nunha foto ou nun vídeo para velo.
4
Toque lixeiramente cara á esquerda para ver a seguinte foto ou vídeo. Toque
lixeiramente cara á dereita para ver a foto ou o vídeo anterior.
Se a orientación da pantalla non cambia automaticamente cando inclina o dispositivo cara a
un lado, marque a caixa de verificación Xirar automaticam. a pantalla en Axustes > Pantalla.
Para cambiar o tamaño das miniaturas
•
Cando estea a ver miniaturas de fotos e vídeos no Álbum, afaste dous dedos para
aumentar o zoom ou xúnteos para reducilo.
Para ampliar unha foto
•
Cando estea a ver unha foto, separe dous dedos para aumentar o zoom ou xúnteos
para reducilo.
Para ver unha presentación de diapositivas das súas fotos
1
Cando estea a ver unha foto, pulse a pantalla para que se amosen as barras de
ferramentas, despois pulse > Presentación de diapositiv. para iniciar a
reprodución de todas as fotos no álbum.
2
Pulse nunha foto para finalizar a presentación de diapositivas.
80
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para ver unha presentación de diapositivas das súas fotos con música
1
Cando estea a ver unha foto, pulse na pantalla para amosar as barras de
ferramentas, despois pulse > SensMe™ slideshow.
2
Seleccione a música e o tema que desexe usar para a presentación de
diapositivas e pulse . A aplicación Álbum analiza as súas fotos e usa os datos
de música de SensMe™ para reproducir unha presentación de diapositivas.
3
Para facer unha pausa na reprodución, pulse na pantalla para que se amosen os
controis e pulse .
Para reproducir un vídeo
1
Abra o separador Imaxes ou o separador Os meus álb. no Álbum.
2
Coa vista de grade ou de lista, localice o vídeo que desexe abrir.
3
Pulse no vídeo para reproducilo.
4
Se non se amosan os controis da reprodución, pulse na pantalla para que se
amosen. Para ocultar os controis, pulse de novo na pantalla.
Para facer unha pausa nun vídeo
1
Cando se reproduce un vídeo, pulse a pantalla para amosar os controis.
2
Pulse .
Para avanzar rápido e rebobinar un vídeo
1
Cando se reproduce un vídeo, pulse a pantalla para amosar os controis.
2
Arrastre o marcador da barra de progreso cara á esquerda para rebobinar, ou
cara á dereita para avanzar rápido.
Para axustar o volume dun vídeo
•
Prema a tecla de volume.