Álbums de fotos
O separador Os meus álbums da aplicación Álbum reúne todos os álbums de fotos,
incluíndo álbums de fotos e vídeos sacados coa cámara, así como o contido que
comparte en liña a través de servizos como PlayMemories, Picasa e Facebook. Unha
vez iniciada a sesión nestes servizos, pode xestionar contido, facer comentarios en fotos
e vídeos e ver os comentarios de amigos. Desde a aplicación Álbum, tamén pode
engadir xeoetiquetas ás fotos, realizar tarefas básicas de edición e usar métodos como
tecnoloxía Bluetooth® sen fíos, correo electrónico e mensaxería para compartir
contidos.
83
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
1
Ver fotos e vídeos co servizo en liña PlayMemories
2
Ver fotos e vídeos en Facebook™
3
Ver fotos e vídeos en Picasa™
4
Ver fotos usando o servizo en liña Flickr™
5
Ver todas as fotos e vídeos sacados coa cámara do dispositivo
6
Ver todas as fotos e vídeos gardados no almacenamento interno do dispositivo
7
Ver as fotos no modo luvas
8
Ver as fotos nun mapa
9
Ver todas as fotos e vídeos gardados na tarxeta de memoria extraíble
10 Ver todas as fotos con caras
O servizo en liña PlayMemories non está dispoñible en todos os países ou rexións.
Para ver fotos desde servizos en liña no Álbum
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Álbum > Os meus álb..
3
Pulse o servizo en liña que desexe.
4
Pulse Conectar. Amósanse todos os álbums en liña dispoñibles que cargara ao
servizo.
5
Pulse calquera álbum para ver o seu contido e, a continuación, pulse unha foto no
álbum.
6
Toque lixeiramente cara á esquerda para ver a seguinte foto ou vídeo. Toque
lixeiramente cara á dereita para ver a foto ou o vídeo anterior.
Para ver e engadir comentarios a contido dun álbum en liña
1
Cando estea a ver unha foto dun álbum en liña, pulse a pantalla para ver as
barras de ferramentas e logo pulse para ver os comentarios.
2
Introduza os seus comentarios no campo de entrada e logo pulse Publicar.
Para marcar "Gústame" unha foto ou un vídeo en Facebook™
•
Mentres está a ver unha foto ou un vídeo desde un dos seus álbums de
Facebook™, pulse a pantalla para que se amosen as barras de ferramentas,
despois pulse para marcar "Gústame" o elemento en Facebook™.